Steven Gerrard
futbolista e adestrador inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Steven George Gerrard, nado en Merseyside o 30 de maio de 1980, é un exfutbolista e adestrador inglés. Xogaba de centrocampista e desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Liverpool da Premier League e na selección inglesa, sendo capitán de ambos. Dende 2021 adestra o Aston Villa.
Remove ads
Traxectoria
Debutou como profesional no Liverpool en 1998 e consolidou o seu posto no primeiro equipo no ano 2000, sucedendo a Sami Hyypiä como capitán en 2003. Conta no seu palmarés con dúas FA Cups, tres Copas da liga, dúas Community Shields, unha Champions League, unha UEFA, e dúas Supercopas de Europa.
Gerrard debutou coa selección no 2000, e dende entón representou a Inglaterra nas eurocopas do 2000 e do 2004, así como nos mundiais de 2006 – onde foi o máximo goleador do equipo con dous goles – 2010, onde capitaneou por primeira vez a Inglaterra, pola ausencia do capitán habitual Rio Ferdinand, que perdeu o torneo por unha lesión.[1] Normárono primeiro capitán da selección trala Eurocopa de 2012,[2] onde Inglaterra recibiu o premio de mellor equipo do torneo.[3]
Gerrard está considerado un dos mellores centrocampistas ingleses da historia " un verdadeiro líder, Gerrard é un corredor incansábel cunha magnífica visión de xogo. O seu pase largo é temido por todo o mundo."[4]
Remove ads
Goles internacionais
- Marcador, cando meteu o gol
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
