Stoned & Dethroned

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Stoned & Dethroned é o quinto álbum da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado o 15 de agosto de 1994 a través do selo Blanco y Negro Records. Despois de pasar a meirande parte de 1992 de xira, incluído un paso polo Lollapalooza dese ano, o grupo entrou no estudio no mes de xaneiro de 1993 coa intención de gravar un álbum acústico. Por primeira vez dende Psychocandy The Jesus and Mary Chain gravou como unha banda completa con Steve Monti de Curve tocando a batería e Ben Lurie o baixo. A gravación levou máis tempo do planeado, durando a meirande parte do ano. O disco tamén conta con voces de artistas invitados como Shane MacGowan de The Pogues en "God Help Me" e Hope Sandoval de Mazzy Star cantando un dueto con Jim Reid en "Sometimes Always", que foi o primeiro sinxelo do álbum.

Datos rápidos Álbum de The Jesus and Mary Chain, Publicado ...
Remove ads

Listaxe de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por William Reid, agás onde se indique. 

Máis información N.º, Título ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads