Shane MacGowan

poeta, músico, cantante e compositor irlandés da banda británica The Pogues From Wikipedia, the free encyclopedia

Shane MacGowan
Remove ads

Shane Patrick Lysaght MacGowan, coñecido popularmente como Shane MacGowan, nado en Tunbridge Wells, Pembury, condado de Kent, o 25 de decembro de 1957, e finado o 30 de novembro de 2023, foi un poeta, músico, cantante e compositor irlandés da banda británica The Pogues.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos e formación

MacGowan naceu en 1957 nunha familia irlandesa. MacGowan pasou a súa infancia na cidade de Tipperary, pero trasladouse a Inglaterra aos seis anos e medio, cando a súa familia se trasladou. Viviu en Brighton e Londres, entre outros lugares do país. A nai de MacGowan, Teresa, era cantante e bailarina tradicional irlandesa e traballara como modelo en Dublín. En 1971, despois de asistir á Holmewood House School en Langton Green, Kent, MacGowan gañou unha bolsa de literatura e foi aceptado na Wastminster School, unha universidade do Reino Unido situada preto das Casas do Parlamento. Castigado no segundo ano por posesión de drogas, Shane foi expulsado da institución.[3]

Carreira

A súa primeira aparición que marcou o inicio da súa carreira foi en 1976 nun concerto organizado pola banda de punk inglesa The Clash, cando o seu lóbulo da orella fora danado por Jane Crockford, que máis tarde se convertería en membro de The Mo-Dettes. Un fotógrafo obtivo unha foto de MacGowan cuberto de sangue e foi publicado co titular "Cannibalism At Clash Gig".[4] [5]

En 2014 anunciaron que The Pogues deixaban de tocar. Aínda que a banda nunca actuou en Galiza, foi unha grande influencia para músicos galegos.[6] No verán de 2002 actuou na Coruña co seu outro grupo, The Popes.[2]

Pasamento

Thumb
Shane MacGowan na banda The Pogues en 2006

Shane MacGowan morreu o 30 de novembro de 2023 aos 65 anos, despois dunha longa doenza.[2][7]

Músicos e celebridades como Johnny Depp e Nick Cave homenaxearon a MacGowan no seu funeral en Irlanda. O ex presidente do Sinn Féin, Gerry Adams, e o presidente irlandés, Michael D. Higgins, tamén foron convidados á igrexa de Tipperary. O cantante Bono de U2 enviou unha lectura gravada.[8]

O servizo funerario incluíu varias actuacións musicais organizadas polo compositor Glen Hansard, quen tamén interpretou xunto a outros músicos a canción "Fairytale of New York", que foi bailada pola familia de MacGowan.[9]

Remove ads

Documentais

A vida de Shane MacGowan foi transmitida ao público nos documentais:

  • If I Should Fall from Grace - The Shane MacGowan Story (2003)
  • The Great Hunger. Documental da BBC sobre Shane.

Discografía

The Nips/Nipple Erectors

  • Bops, Babes, Booze & Bovver (2003)

Singles- The Pogues

  • "Poguetry in Motion EP"
  • " The Irish Rover " (con The Dubliners )
  • " Fairytale of New York " (con Kirsty MacColl ) – Reeditado en 1991, 2005 e 2007 [10]
  • "Fiesta"

Singles solo

  • "What a Wonderful World" (con Nick Cave)
  • "The Church of the Holy Spook" (con The Popes)
  • "That Woman's Got Me Drinking"
  • "Haunted" (con Sinéad O'Connor)
  • "My Way"
  • "I Put a Spell on You" (con Nick Cave, Chrissie Hynde, Mick Jones, Johnny Depp, Bobby Gillespie, Glen Matlock, Paloma Faith e Eliza Doolittle)

Participacións

LPs

  • Red Roses for Me (1984)
  • Rum Sodomy & the Lash (1985)
  • If I Should Fall from Grace with God (1988)
  • Peace and Love (1989)
  • Hell's Ditch (1990)
  • The Snake (álbum)| The Snake (1995)
  • The Crock of Gold (1997)
  • Across the Broad Atlantic: Live on Paddy's Day - New York and Dublin (2002)

Filmografía

  • Eat the Rich - 1987
  • Straight to Hell - 1987
  • The Filth and the Fury - 2000
  • Westway to the World - 2002
  • The Libertine - 2005
  • Harry Hill's TV Burp - 2007
  • Harry Hill's TV Burp - 2010

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads