Stuxnet
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Stuxnet é un verme informático que afecta aos ordenadores con Windows, descuberto o 17 de xuño de 2010 por VirusBlokAda,[1] unha empresa de seguridade situada en Belarús. É o primeiro verme coñecido que espía e reprograma sistemas industriais, concretamente sistemas SCADA para o control e a monitorización de procesos, e pode afectar infraestruturas críticas como as centrais nucleares.[2]
Stuxnet é capaz de reprogramar controladores lóxicos programables e ocultar os cambios realizados.[3] Tamén é o primeiro verme coñecido que inclúe un rootkit para sistemas PLC reprogramables.[4]
A empresa rusa de ciberseguridade Kaspersky Lab cualificou Stuxnet nun comunicado de prensa como "un prototipo funcional e terrorífico dunha arma cibernética que levará á creación dunha nova carreira armamentística global". Kevin Hogan, un executivo de Symantec, advertiu que o 60% dos ordenadores infectados polo verme están en Irán, o que suxire que as súas instalacións industriais poderían ser o seu obxectivo.[5][6] Kaspersky conclúe que os ataques só puideron ocorrer "co apoio dunha nación soberana", o que converte a Irán no primeiro obxectivo dunha verdadeira ciberguerra.
O obxectivo máis probable do verme, segundo medios de comunicación como a BBC ou o Daily Telegraph,[7][8] podería ter sido unha infraestrutura de alto valor pertencente a Irán e con sistemas de control de Siemens. Medios de comunicación como India Times suxiren que o ataque puido atrasar a posta en servizo da central nuclear de Bushehr.[9] Fontes iranianas cualificaron o ataque como "guerra electrónica",[10] aínda que minimizando o impacto dos danos ás súas instalacións. Algúns medios de comunicación, como o New York Times, atribuíron o ataque aos servizos de intelixencia estadounidenses e israelís.[11]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
