Atobá de pés vermellos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O atobá des pés vermellos[3] (Sula sula) é unha grande ave mariña da familia dos mascatos, Sulidae. Os adultos sempre teñen os pés vermellos, pero a cor da plumaxe varía. Voan de maneira potente e áxil, aproveitando o vento para voaren máis eficientemente,[4] pero son torpes no momento de engalar e aterrar. Aliméntanse capturando peixes voadores por riba a superficie do océano[5] e realizando mergullos pouco profundos.[6] Son abundantes nos trópicos, e reprodúcense en colonias en rexións costeiras, en illas especialmente afastadas como San Brandón en Mauricio (bancos de Cargados Carallos), e o arquipélago de Chagos (ao sur das Maldivas). Aínda que a súa poboación está decrecendo, a IUCN considéraa unha especie en preocupación menor. Enfróntase a ameazas como o cambio climático, a competición con pesquerías, trastornos causados polos humanos e especies invasoras.
Remove ads
Taxonomía
O atobá de pés vermello foi descrito formalmente polo naturalista sueco Carl Linné en 1766 na 12ª edición da súa obra Systema Naturae. Deulle daquela o nome binomial Pelecanus sula e describiuno baseándose nun espécime procedente de Barbados.[7][8][9] O seu actual xénero Sula creouno o científico francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[10] A palabra Sula vén do norugués e significa mascato.[11]
Hai tres subespecies:[12]
Remove ads
Descrición
É o membro máis pequeno da familia dos súlidos con seus 70 cm de lonxitude e cunha envergadura alar de 152 cm.[13] O peso medio de 490 adultos da illa Christmas nun estudo foi de 837 g.[14] Ten patas vermellas, e o bico e un papo na gorxa están coloreados de rosa e azul. Esta especie ten varios morfos. No morfo branco a plumaxe é principalmente branca (a cabeza a miúdo está tinguida de tons amarelados) e as plumas de voo son negras. O morfo branco de cola negra é similar, pero con cola negra, e pode confundirse doadamente cos atobás Sula granti e Sula dactylatra. O morfo marrón é en conxunto marrón. O morfo marrón de cola branca é similar, mais ten barriga, sobrecú e cola brancos. O morfo marrón de cabeza branca e cola branca ten un corpo, cola e cabeza principalmente brancos e ás e dorso marróns. Os morfos normalmente reprodúense xuntos, pero na maioría das rexións predominan un ou dous morfos; por exemplo, nas illas Galápagos, a maioría pertencen ao morfo marrón, aínda que o morfo branco tamén está presente.
Os sexos son similares, e os individuos xoves son amarronados con ás máis escuras, e as patas rosadas claras, mentres que os polos están cubertos de penuxe branco denso.
Remove ads
Distribución
É unha especie espallada polos trópicos do Atlántico, Pacífico e Índico. No Atlántico, viven principalmente nas illas do Caribe.[15] No Pacífico, as poboacións encóntranse nas illas Galápagos, principalmene na illa Genovesa e San Cristóbal,[16] e no arquipélago de Hawai en Kauai.[17] No océano Índico atópase en Aldabra, as Seychelles, Rodrigues, as Maldivas, o arquipélago de Chagos, as illas Cocos (Keeling) e na illa Christmas.[18]
Foi erradicado dun gran número de illas debido á combinación da introdución de predadores e a predación humana, incluíndo as illas Glorioso, illa Asunción, Tikopia, illa Henderson, as illas Marquesas, as illas da Sociedade e a illa Desecheo.[18] A especie é vagante en Sri Lanka,[19] Nova Zelandia,[20] e o Reino Unido.[21]
Ecoloxía e comportamento
Reprodución
Esta especie reprodúcese en illas na maioría dos océanos tropicais. Cando están en época non reprodutora pasan a maioría do tempo no mar. No arquipélago de Chagos permanece preto da súa colonia reprodutora durante todo o ano, en vez de migrar[22]. Nidifica en grandes colonias, poñendo un ovo azul nun niño de paus, que chocan ambos os adultos por 44–46 días. O niño é normalmente situado nunha árbore ou arbusto, pero raramente pode nidificar no chan. Pasan ata tres meses antes de que as crías fagan o seu primeiro voo, e cinco meses antes de que fagan voos longos.
As parellas permanecen xuntos durante varias tempadas. Realizan elaborados rituais de saúdo, entre eles un grallar áspero e a exhibición do macho da súa gorxa azul, e tamén inclúe danzas curtas.
Dieta
Come principalmente peixes (como os peixes voadores Exocoetidae e os Gempylidae) e luras.[23] Os estudos feitos en illa Christmas atoparon que a maioría dos peixes que comían eran de 6–15 cm de longo, cunha lonxitude máxima de 20 cm, e a maioría das luras son 6–10 cm, cunha lonxitude máxima de 15 cm. En Aldabra, a proporción de peixes e luras na dieta varía entre estacións; as luras supoñen o 21 % da dieta en masa na estación húmida e só o 1 % na estación seca. Xeralmente capturan as presas mergullándose no océano verticalmente desde alturas de 4 a 8 m, aínda que poden capturar no aire os peixes voadores, como se demostra en gravacións de cámaras de vídeo portadas polas propias aves.[18][24] Viaxan centos de quilómetros desde terra para buscaren as súas presas e ás veces emprenden viaxes de varios días.[25]
Predadores e parasitos
Os atobás de pés vermellos adultos son cazados ás veces por cangrexos dos cocoteiros; os cangrexos usan as súas potentes pinzas para romperlles as ás ou collelos polas patas. Documentouse o caso dun atobá mentres dormía nunha póla baixa dunha árbore que foi atacado e matado por seis cangrexos dos cocoteiros en poucas horas, mentres que outro foi capturado despois de aterrar preto da entrada do tobo do cangrexo ao ser arrastrado dentro.[26] As crías e ovos deste atobá son tamén atacados por varios predadores, incluíndo ratas, gatos, porcos,[18] aves rapaces,[27] e o paxaro estúrnido micronesio Aplonis opaca,[28] aínda que os predadores mamíferos introducidos teñen un impacto limitado, xa que o atobá nidifica en árbores.[18] Porén, o hábito do atobá de reproducirse en illas remotas pode ser unha adaptación para evitar a depredación;[18] nas illas Galápagos, non nidifica en ningunha das illas habitadas polo buxato das Galápagos Buteo galapagoensis, mesmo cando teñen condicións axeitadas, e foi observado colonizando illas en canto o buxato é erradicado delas.[29] Os humanos comen atobás adultos e crías; os atobás pican ás persoas que tratan de achegarse aos seus niños.[18]
Entre os parasitos rexistrados nesta especie están a carracha Ornithodoros capensis nos niños e o piollo das plumas Pectino pygus nas plumas dos adultos.[18]
Remove ads
Conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) considera o atobá de pés vermellos especie en preocupación menor, aínda que a poboación mundial está decrecendo.[2] A fase cálida (El Niño) de El Niño-Oscilación do sur en 1982 e 1983 afectou negativamente a súa reprodución na illa Christmas a medida que as maiores temperaturas da auga reducen as súas fontes de alimento. Onde adoitaban nidificar 6.000 parellas, só o fixeron 30 parellas en 1982 e unhas 60 parellas en 1983.[30]
Remove ads
Galería
- En voo sobre o caio Half Moon de Belize
- Parella nidificante no Monumento Nacional Mariño Papahānaumokuākea (Hawai)
- Exemplar xove sacando a cabeza do niño no caio Half Moon, Belize
- Atobá de pés vermellos
- Ovo de atobá de pés vermellos na colección do Museo de Wiesbaden
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

