Swansea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Swansea (en galés: Abertawe) é unha cidade e condado de Gales, situada na súa costa suroeste. Segundo o censo de 2011 a súa poboación é de 239 000,[1] co que é a segunda cidade galesa por poboación tras Cardiff.[2]. O 11,4% da poboación pode falar galés.[3] No século XIX foi un importante centro da industria do cobre,[4] ata o punto de recibir o sobrenome de 'Copperopolis'.[5]
Remove ads
Xeografía
O territorio representa o 2% de Gales, e inclúe tanto zonas rurais como a área urbana e suburbana. Limita ao norte con Carmarthenshire e ao leste con Neath Port Talbot mentres que polo sur bordea coa baía de Swansea e a canle de Bristol, o territorio da cidade e condado inclúe tamén a península de Gower e as comunidades de Birchgrove, Bishopston, Bonymaen, Castle, Clydach, Cockett, Cwmbwrla, Dunvant Gorseinon, Gowerton, Grovesend e Waungron, Ilston, Killay, Landore, Llangennith, Llanmadoc e Cheriton, Llangyfelach Llanrhidian Higher, Llanrhidian Lower, Llansamlet, Llwchwr, Mawr, Morriston, Mumbles, Mynydd-Bach, Penderry, Penllergaer, Pennard, Penrice, Pontarddulais, Pontlliw e Tircoed, Port Eynon, Reynoldston, Rhossili, Sketty, St Thomas, Townhill, Uplands e Upper Killay
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads