Swift (observatorio espacial)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Swift é un observatorio espacial estadounidense lanzado nun Delta 7320 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 20 de novembro de 2004.[2][3][5][6]
Remove ads
Características
Swift forma parte do programa MIDEX da NASA e a instrumentación é parte dun esforzo internacional que inclúe ao Reino Unido e Italia, con implicación de Francia, Xapón, Alemaña, Dinamarca, España e Suráfrica. Foi lanzado para estudar os abrochos de raios gamma, explosións moi enerxéticas que destacan en lonxitudes de onda moi curtas. O observatorio leva un detector de raios gamma, un telescopio de raios X e un telescopio para o ultravioleta e o óptico coa finalidade de atopar contrapartidas visibles aos abrochos e descubrir a súa orixe cunha precisión de menos de 5 segundos de arco. A nave ten unhas dimensións de 1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro, cunha envergadura de 0,31 m cos paneis solares estendidos. Ten a capacidade de apuntar automaticamente á zona na que detecta un abrocho entre 20 e 75 segundos despois de que ocorra e avisar ao control de terra para facer observacións conxuntas con outros observatorios.[3][5][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads