Transiting Exoplanet Survey Satellite

observatorio espacial estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Transiting Exoplanet Survey Satellite
Remove ads

Transiting Exoplanet Survey Satellite ou TESS, tamén coñecido como Explorer 95, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 18 de abril de 2018 a bordo dun foguete Falcon 9 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

TESS é un observatorio espacial pertencente ao programa MIDEX da NASA e construído polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. A súa misión é estudar todo o ceo mediante un conxunto de telescopios para descubrir exoplanetas en tránsito con tamaños desde similares á Terra ata xigantes gasosos. O obxectivo principal é atopar planetas de tamaño terrestre na zona habitable da súa estrela a menos de 200 anos luz do Sistema Solar.[1][2][4][5]

O observatorio ten unha masa de 365 kg e usa o bus LEOStar-2. Ten catro cámaras gran angular con CCD que, durante as probas en terra, resultaron desenfocarse lixeiramente ao chegar ás temperaturas que se iban atopar no espazo. A pesar de todo os cálculos mostraron que o lixeiro desenfoque non prexudicaba os obxectivos científicos da misión, polo que o observatorio lanzouse así.[1][2][4][5]

TESS tiña unha vida esperada de dous anos como mínimo, e levaba propelente para polo menos catro anos. Está nunha fase de misión estendida.[1][2][4][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads