Falcon 9

Foguete espacial da empresa SpaceX From Wikipedia, the free encyclopedia

Falcon 9
Remove ads

Falcon 9 é un dos modelos de foguete da serie Falcon, construído por SpaceX.[1]

Datos rápidos Función, fabricante ...
Remove ads

Características

Falcon 9 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e parcialmente reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e a primeira versión usaba nove motores Merlin 1-C na primeira etapa e un Merlin 1-C na segunda. O Falcon 9 foi parte da oferta coa que SpaceX concursou na competición Commercial Orbital Transportation Services (COTS) da NASA e pola que recibiu 278 millóns de dólares para facer tres voos de demostración coa cápusula Dragon como carga. O 23 de decembro de 2008 a NASA anunciou que o Falcon 9 xunto coa cápsula Dragon foran elixidos para realizar voos de proba e abastecemento á Estación Espacial Internacional no período entre 2010 e 2014, cun valor de 1600 millóns de dólares.[1][2]

A metodoloxía de lanzamento do Falcon 9 implica un sistema de "aguantar antes de soltar", no que un sistema de agarradoiras mantén no seu sitio ó foguete durante o prendido dos motores ata que a comprobación dos sistemas indica que todo está correcto e funcionan con normalidade. Se non é así, un sistema automático aborta o prendido e descarga os propelentes do foguete. Cada motor está rodeado dun escudo de kevlar para protexerse no caso de que algún motor veciño sufra algún problema que desemboque na explosión do mesmo. Moitos dos sistemas e principios nos que se basea o Falcon 9 foron probados previamente no Falcon 1.[1][2]

A estrutura dos tanques da primeira e segunda etapas están feitas na aliaxe aluminio 2219. A sección entre as dúas etapas está feita dunha estrutura en panel de abella de fibra de carbono.[1][2]

SpaceX desenvolveu o Falcon 9 desde a súa versión básica aplicando melloras e innovacións, co que existen varios modelos de Falcon 9.[1][2]

Remove ads

Versións

Falcon 9 1.0

É a versión orixinal. A primeira etapa era potencialmente reutilizable se fora recollida mediante paracaídas. Tivo o seu primeiro voo o 4 de xuño de 2010 e o último o 1 de marzo de 2013.[1][2]

Falcon 9 1.1

A versión 1.1 ten unha primeira etapa con patas retráctiles potencialmente capaz de aterrar para a súa reutilización e usa motores Merlin 1-D en tódalas etapas. Ningún dos intentos de aterraxe deste modelo tivo éxito. O primeiro foi lanzado o 18 de abril de 2014 e o último o 17 de xaneiro de 2016.[3]

Falcon 9 1.1 ex

Idéntico ao 1.1, pero sen patas para a aterraxe, co que aumenta a masa útil que pode poñer en órbita. O primeiro foi lanzado o 29 de setembro de 2013 e o último o 27 de abril de 2015.[4]

Falcon 9 1.2

A versión 1.2, ou Falcon 9 Upgrade, é unha versión mellorada con motores Merlin 1-D un 15% máis potentes, propelente densificado para que nos tanques caiba un 10% máis e, como resultado, un 30% máis de rendemento total, o que permite que a primeira etapa poida ser recuperada incluso nos lanzamentos enerxeticamente máis exixentes, como o lanzamento de satélites á órbita xeoestacionaria. A versión 1.2 foi a que conseguiu unha primeira aterraxe exitosa da primeira etapa. O primeiro membro foi lanzado o 22 de decembro de 2015 e o último o 18 de abril de 2018.[5]

Falcon 9 1.2 ex

A versión 1.2 ex é a versión sen patadas da 1.2 para poder lanzar máis carga. O primeiro foi lanzado o 16 de marzo de 2017 e o último o 29 de xuño de 2018.[6]

Falcon 9 1.2 Block 5 ex

O Block 5 é unha versión con melloras menores sobre a versión 1.2, co primeiro foguete desta versión sendo lanzado o 11 de maio de 2018.[7]

Falcon 9 1.2 Block 5 ex

É un Block sen patas de aterraxe para incrementar o rendemento. O primeiro foi lanzado o 23 de decembro de 2018.[8]

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Notas ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads