Factor de crecemento transformante beta 1
proteína segregada que realiza funcións celulares, como o control do crecemento celular, proliferación celular, diferenciación celular e apoptose From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O factor de crecemento transformante beta 1 (TGF-β1) é un polipéptido membro da superfamilia do TGF beta de citocinas. É unha proteína segregada que realiza moitas funcións celulares, como o control do crecemento celular, proliferación celular, diferenciación celular e apoptose. En humanos, o TGF-β1 stá codificado polo xene TGFB1 do cromosoma 19.[1][2]
![]() | |
Representación do TGF-β1 de PDB 1kla | |
Identificadores | |
Símbolo | TGFB1 |
Símbolos alt. | CED; DPD1; LAP; TGFB; TGFbeta |
Entrez | 7040 |
OMIM | |
RefSeq | NP_000651 |
UniProt | P01137 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 19 :(41.3 – 41.35 Mb) |
Remove ads
Función
O TGF-β é un conxunto multifuncional de peptidos que controla a proliferación e diferenciación celular, e outras funcións en moitos tipos celulares. O TGF-β actúa sinérxicamente co TGF alfa ao inducir a transformación tumoral de células. Tamén actúa como factor de crecemento autócrino. A desregulación da activación de TGF-β e a sinalización pode ter como resultado a apoptose. O TGF-β sintetízase en moitas células e todas teñen receptores específicos para este péptido. As isoformas TGF-β1, TGF-β2, e TGF-β3 funcionan todas utilizando os mesmos sistemas de sinalización por receptor.[3]
O TGF-β1 foi identificado primeiro en plaquetas humanas como proteína cunha masa molecular de 25 kDa cun uso potencial na curación de feridas.[4] Posteriormente determinouse que se sintetizaba como unha gran proteína precursora (que contén 390 aminoácidos) que é despois procesada proteoliticamente para producir un péptido maduro de 112 aminoácidos.[5]
O TGF-β1 xoga un importante papel no control do sistema inmunitario, e presenta distintas actividades en distintos tipos de células, ou en células que están en distintos estados de desenvolvemento. A maioría das células inmunitarias (ou leucocitos) segregan TGF-β1.[6]
Células T
Algunhas células T (por exemplo as células T reguladoras) liberan TGF-β1 para inhibir as accións doutras células T. A proliferación celular procedente da interleucina 1 e interleucina 2 de células T activadas,[7][8] e a activación de células T colaboladoras quiescentes e T citotóxicas impídese pola actividade do TGF-β1.[9][10] De xeito similar, o TGF-β1 pode inhibir a secreción e actividade de moitas outras citocinas, como o interferón-γ, factor de necrose tumoral-alfa (TNF-α) e varias interleucinas. Pode tamén diminuír os niveis de expresión de receptores de citocinas, como o receptor de IL-2 para regular á baixa a actividade das células inmunitarias. Porén, o TGF-β1 pode tamén incrementar a expresión de certas citocinas en células T e promove a súa proliferación, especialmente se as células son inmaturas.[6]
Células B
O TGF-β1 ten efectos similares sobre as células B que tamén varían segundo o estado de diferenciación celular. Inhibe a proliferación e estimula a apoptose de células B,[11] e xoga un papel no control da expresión de anticorpos, transferrina e proteínas MHC de clase II en células B maduras e inmaturas.[6][11]
Células mieloides
Os efectos de TGF-β1 sobre os macrófagos e monocitos son predominantemente supresores; esta citocina pode inhibir a proliferación de ditas células e impedir a súa produción de especies reactivas do oxíxeno (por exemplo superóxidos (O2−)) e de intermediarios do nitróxeno (por exemplo óxido nítrico (NO)). Porén, igual que noutros tipos celulares, o TGF-β1 pode tamén ter o efecto oposto sobre as células de orixe mieloide. Por exemplo, o TGF-β1 actúa como quimioatractor, dirixindo unha resposta inmunitaria a algúns patóxenos; os macrófagos e monocitos responden a baixos niveis de TGF-β1 de modo quimiotáctico. Ademais, a expresión de citocinas monocíticas (como a interleucina 1 (IL-1)-alfa, IL-1-beta, e o TNF-α),[10] e a morte por fagocitose causada por macrófagos pode incrementarse pola acción do TGF-β1.[6]
Remove ads
Interaccións
O TGF-β1 presenta interaccións con:
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads