Troponina T tipo 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A troponina T, músculo esquelético rápida ou troponina T tipo 3 (TNNT3) é unha proteína situada nos miofilamentos finos das fibras musculares estriadas esqueléticas, que nos humanos está codificada no xene TNNT3 do cromosoma 11.[1][2] É unha das tres isoformas da troponina T; as outras dúas son TNNT1 e TNNT2. Esta isoforma exprésase no músculo esquelético de contracción rápida. A troponina T únese á tropomiosina situándoa sobre os filamentos de actina do sarcómero muscular tapando os sitios da actina para a unión coa miosina, o que impide a contracción muscular. A troponina é un complexo proteico que regula a contracción muscular formado por tres subunidades, que son as troponinas T, C e I.
Troponina T tipo 3 (músculo esquelético, rápida) | |
Identificadores | |
Símbolo | TNNT3 |
Símbolos alt. | AMCD2B, DA2B, FSSV, DKFZp779M2348 |
Entrez | 7140 |
HUGO | 11950 |
OMIM | |
RefSeq | NM_006757 |
UniProt | O14520 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 11 p15.5 |
O xene TNNT3 ten unha lonxitude de 19 kb e contén 19 exóns, entre eles hai 2 que son específicos da TNNT3 fetal ou neonatal (isoforma beta), que non se expresan no adulto (que expresa a isoforma alfa, que se diferencia en 14 aminoácidos do extremo C-terminal). O splicing alternativo deste xene pode orixinar varios transcritos distintos para esta proteína. As mutacións neste xene poden orixinar artrogripose distal múltiple conxénita tipo 2B (AD2B).[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads