Tirotropina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A tirotropina ou hormona estimulante da tiroide (TSH) é unha hormona peptídica sintetizada e segregada polas células tirotropas da adenohipófise ou pituitaria anterior, que regula a función endócrina da glándula tiroide.[1][2]

Fisioloxía

Thumb
O sistema das hormonas tiroides triiodotironina (T3) e tiroxina (T4) é regulado polas hormonas TSH e TRH do eixe hipotalámico-hipofisario.[3]

Regulación da liberación de TSH

A produción de TSH é controlada pola hormona liberadora da tirotropina (TRH) segregada polo hipotálamo e transportada ata a adenohipófise polos vasos sanguíneos do sistema portal hipotalámico-hipofisario, e unha vez alí incrementa a produción e liberación de TSH. A hormona tamén hipotalámica somatostatina, ten o efecto contrario, facendo decrecer ou inhibindo a produción de TSH na adenohipófise.

Como a TSH estimula a glándula tiroide para que segregue as hormonas tiroxina (T4) e triiodotironina (T3), os niveis destas hormonas tamén inflúen na produción de TSH. A concentración sanguínea de hormonas tiroides (T3 e T4) regula a liberación de TSH na hipófise por retroalimentación negativa; cando as concentracións de T3 e T4 son baixas, a produción de TSH increméntase, e, inversamente, cando son altas, a produción de TSH decrece.

Efectos da TSH sobre a tiroide

A TSH actúa sobre a glándula tiroide, estimulando que esta produza as hormonas tiroxina e triiodotironina, influíndo en diversas actividades das células da tiroide, como son:

  • Aumenta a proteólise da tiroglobulina intrafolicular, co que aumenta a liberación de hormona tiroide cara ao sangue circulante e diminúe a substancia folicular mesma.
  • Aumenta a actividade da bomba de iodo, que incrementa o índice de captación de ioduro nas células glandulares.
  • Aumenta a iodación da tirosina e da súa unión para formar hormonas tiroides.
  • Aumenta o tamaño e a función secretoria das células tiroides.
  • Aumenta o número de células das glándulas e fai que se transformen de cuboides a cilíndricas.
Remove ads

Estrutura

Subunidades

A TSH é unha glicoproteína e consta de dúas subunidades, a alfa e a beta.

O receptor da TSH

O receptror da TSH atópase principalmente nas células foliculares da tiroide.[4] A estimulación do receptor incrementa a produción e secreción de T3 e T4. Os anticorpos que estimulan este receptor producen efectos semellantes aos da TSH e causan a enfermidade de Graves-Basedow. Ademais, a gonadotropina coriónica humana (hCG) mostra algunha reactividade cruzada co receptor da TSH, polo que pode estimular a produción de hormonas tiroides. No embarazo, as concentracións prolongadas de hCG poden producir unha condición transitoria denominada hipertiroidismo xestacional.[5]

Remove ads

Aplicacións

Diagnósticos

Nos adultos o rango de referencia estándar de TSH está entre 0,4 e 3,0 µIU/mL (equivalente a mIU/L), pero os valores varían lixeiramente segundo os laboratorios. Por exemplo, no Reino Unido, as directrices da Association for Clinical Biochemistry sinalan un rango de referencia de 0,4-4,5 mIU/L.[6] A National Academy of Clinical Biochemistry (NACB) reduce o rango a 0,42,5 µIU/mL.[7]

As concentracións de TSH nos rapaces son normalmente maiores ca as dos adultos. En 2002, a NACB recomendaba límites de referencia relacionados coa idade de 1,3 a 19 µIU/mL para neonatos, que baixaban a 0,610 µIU/mL ás 10 semanas de vida, e a 0,47,0 µIU/mL aos 14 meses e seguían baixando gradualmente durante a nenez e puberdade ata os niveis adultos de 0,44,0 µIU/mL.[7]

As concentracións de TSH mídense clinicamente como parte dunha proba para comprobar a función tiroide en pacientes nos que se sospeita que teñan un exceso (hipertiroidismo) ou deficiencia (hipotiroidismo) de hormonas tiroides. A interpretación dos resultados depende das concentracións de TSH e de T4. En certas situacións pode ser tamén útil a medición das concentracións de T3.

Máis información Tipo de patoloxía, Nivel de TSH ...

A proba da TSH tamén se recomenda agora para os recoñecementos de enfermidades tiroides. Os recentes avances que aumentaron a sensibilidade da proba da TSH, fan que esta sexa máis útil que a medición de T4 libre.[2]

Terapéutica

Unha droga sintética chamada TSH humana recombinante alfa (rhTSHα ou rhTSH, comercializada co nome Thyrogen), utilízase para tratar o cáncer de tiroide.[8]

Remove ads

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads