Somatostatina

hormona que regula o sistema endócrino From Wikipedia, the free encyclopedia

Somatostatina
Remove ads

A somatostatina, tamén chamada hormona inhibidora da hormona do crecemento (GHIH) ou factor inhibidor da liberación de somatotropina (SRIF), é unha hormona peptídica, que regula o sistema endócrino e afecta á neurotransmisión e á proliferación celular por medio da súa interacción con receptores da somatostatina acoplados á proteína G e a inhibición da liberación de moitas hormonas secundarias.

Thumb
Somatostatina (forma de 14 aminoácidos).

A somatostatina ten dúas formas activas producidas pola rotura en sitios alternativos dunha preproteína. Unha destas formas ten 14 aminoácidos, e a outra ten 28.[1]

No conxunto dos vertebrados, existen seis xenes da somatostatina, denominados SS1, SS2, SS3, SS4, SS5, e SS6. Os tetrápodos posúen só os xenes SS1 e SS2, que no home están situados no cromosoma 3, e os peixes teleósteos posúen os seis.[2] Estes seis xenes, xunto cos cinco receptores da somatostatina diferentes que hai, permiten que a somatostatina teña numerosas funcións.[3]

Remove ads

Produción

No aparato dixestivo

A somatostatina secrétase en varias localizacións no aparato dixestivo:

No cerebro

A somatostatina prodúcese polas neuronas neuroendócrinas do núcleo periventricular do hipotálamo. Estas neuronas envían proxeccións á eminencia media, onde a somatostatina se libera polas terminacións nerviosas neurosecretoras no sistema portal sanguíneo hipotalámico-hipofisario. A somatostatina é despois levada á adenohipófise (ou pituitaria anterior), onde inhibe a secreción da hormona do crecemento (GH) polas células somatotropas. As neuronas da somatostatina do núcleo periventricular median o efecto de retroalimentación negativa da hormona do crecemento sobre a súa propia liberación; as neuronas da somatostatina responden ás concentracións altas de hormona do crecemento circulante e de somatomedinas incrementando a liberación de somatostatina, para reducir así a secreción de hormona do crecemento.

A somatostatina é tamén producida por outras poboacións de neuronas, que se proxectan a outras áreas do cerebro, e os receptores da somatostatina exprésanse en varios lugares do cerebro.

Remove ads

Accións

Thumb
Célula D visible na parte superior dereita, e somatostatinas representados pola frecha que apunta á esquerda.

A somatostatina clasifícase como unha hormona inhibitoria,[1] que exerce efectos en diferentes partes do corpo:

Adenohipófise

Na adenohipófise (pituitaria anterior), os efectos da somatostatina son:

Sistema gastrointestinal

Remove ads

Historia evolutiva

Nos vertebrados descubríronse seis xenes da somatostatina. A explicación actual da historia de como apareceron estes seis xenes baséase na existencia de tres eventos de duplicación de todo o xenoma que tiveron lugar na evolución dos vertebrados xunto con duplicacións locais nos peixes teleósteos. Un xene ancestral da somatostatina duplicaríase durante o primeiro evento de duplicación de todo o xenoma (1R), creando os xenes SS1 e SS2. Estes dous xenes duplicáronse outra vez durante o segundo evento de duplicación de todo o xenoma (2R) creando catro novos xenes de somatostatina: SS1, SS2, SS3, e un xene que se perdeu durante a evolución dos vertebrados. Os tetrápodos mantiveron o SS1 (tamén coñecido como SS-14 e SS-28) e o SS2 (tamén coñecido como cortistatina) despois de separarse en sarcopterixios e actinopterixios. Nos peixes teleósteos, duplicáronse SS1, SS2, e SS3 durante o terceiro evento de duplicación de todo o xenoma (3R), creando os xenes SS1, SS2, SS4, SS5, e dous xenes que se perderon durante a evolución dos teleósteos. SS1 e SS2 sufriron duplicacións locais dando lugar a SS6 e SS3.[2]

Uso clínico

A vida media da somatostatina é de só uns minutos, o que a fai pouco axeitada para o seu uso clínico. No seu lugar empréganse "análogos da somatostatina", como o octreótido e lanreótido, que posúen unha vida media de horas. Son especialmente útiles no tratamento do VIPoma e a acromegalia.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads