TabletSat-Aurora
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
TabletSat-Aurora é un satélite ruso lanzado a bordo dun foguete Dnepr desde Dombarovskii o 19 de xuño de 2014.[2][3][4][5]
Remove ads
Características
TabletSat-Aurora foi deseñado e construído pola compañía rusa SPUTNIX como demostrador tecnolóxico e para observación terrestre. O satélite utiliza o bus TabletSat-2U-EO, coas seguintes características:[2][3][4][5]
- Estabilización nos tres eixos mediante volantes de inercia, xiroscopios, sensores solares e estelares, un magnetómetro e un sensor de velocidade de xiro.
- Navegación mediante GPS.
- Módulo de comunicación e telemetría mediante UHF.
- Sistema de transmisión en banda X.
- Baterías de litio como parte do sistema de enerxía.
- paneis solars experimentais de arseniuro de galio.
O satélite leva a bordo unha cámara pancromática capaz de obter fotos e vídeo na banda espectral entre 430 e 950 nm, cunha resolución de 15 m.[3][4][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads