Taifun
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Taifun foi unha serie de satélites artificiais militares soviéticos e rusos usados para calibración de radares terrestres.[1][2][3][4]
Taifun 1
Os Taifun 1, tamén coñecidos como Vektor, foron a primeira serie de satélites Taifun. Eran satélites para calibración de radar activos en forma de esfera de 2 m de diámetro e coa superficie cuberta por células solares. Tiñan unha masa de 500 kg e lanzáronse 24, todos foron lanzados mediante foguetes Kosmos-3M, enre 1974 e 1994.[1][5]
Taifun 1B (Yug)
Os Taifun 1B ou Yug eran, ao contrario que os Taifun 1, satélites pasivos. Tiñan tamén forma de esfera de 2 m de diámetro e unha masa similar, pero sen as células solares da superficie. Lanzáronse 14 entre 1979 e 1996, todos mediante Kosmos-3M excepto un, lanzado mediante un Zenit 2.[2][6]
Taifun 2
Os Taifun 2 eran satélites contedores que, unha vez en órbita, liberaban ata 24 subsatélites denominados Romb para simular o despregue de diversas oxivas por un mísil balístico e poder calibrar os radares de terra adecuadamente. Estaban estabilizados nos tres eixos e usaban o bus AUOS-3. Lanzáronse 27 usando foguetes Kosmos-3M entre 1976 e 1995.[3][7]
Taifun 3
Os Taifun 3 ían ser unha versión mellorada dos Taifun 2. Non se chegou a lanzar ningún.[4][8]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads