Talibán

movemento político fundamentalista islámico afgán From Wikipedia, the free encyclopedia

Talibán
Remove ads

Denomínase talibán ao movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que goberna Afganistán dende 2021. Anteriormente gobernou a maioría do país entre 1996 e 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.

Thumb
Bandeira dos talibáns, similar á de Arabia Saudita, coa shahada ou profesión de fe do islam.
Remove ads

Historia e características

Os membros máis influentes, incluíndo Mullah Mohammed Omar, o líder do movemento, eran simples mulás da aldea (eruditos relixiosos islámicos menores), a maioría dos cales estudaran en madrasas paquistanís. O movemento talibán estaba integrado principalmente por paxtos de Afganistán e da provincia da Fronteira do Noroeste Paquistán, pero tamén incluíu a moitos voluntarios non-afgáns do mundo árabe, así como Eurasia, Asia do Sur, e Asia suroriental.

Thumb
Unha das estatuas de Buda destruída polos talibáns en Bamiyán por seren ídolos. Á esquerda, fotografía de 1963; á dereita, trala destrución en 2001.

Despois da caída da prosoviética República Democrática de Afganistán en 1992, Afganistán foise enredando nunha guerra civil entre señores da guerra, facendo a vida difícil nas zonas rurais e en especial no sueste[1] do país habitado polos paxtos. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibáns apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de 1994, co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control mujahidin na aldea de Sang Hesar nas aforas de Kandahar. O mulá local Omar, veterano da facción Harakat-i Inqilab-i Islami contra o réxime de Najibulá, con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescatar as raparigas e colgou o comandante dos mujahidín.

Despois deste incidente, Omar fuxiu á provincia veciña de Baluchistán en Paquistán. Para o outono de 1994 organizara unha milicia ben armada e ben financiada de 1.500 seguidores e a primeira operación significativa constatada foi en setembro de 1994 co asalto á vila fronteiriza de Spin Boldak controlada polas forzas de Gulbuddin Hekmatyar conseguindo unha importante cantidade de armamento e munición, Hekmatyar acusou aos paquistanís de estar detrás da vitoria talibán[2]. Os talibáns fixéronse co control de Kandahar en novembro de 1994 e Herat en setembro de 1995, aínda que son derrotados nun primeiro intento de tomar a capital a mediados de 1995 continuaron a bombardeala[3] conseguindo o 27 de setembro de 1996 entrar en Cabul, e aínda que a guerra continuou os talibán declaráronse o goberno lexítimo do país, baseado na lei islámica, colgaron na forca ao expresidente Mohammad Najibullah e entre as súas primeiras medidas estivo a prohición ás mulleres a acceder á educación e ao traballo, así como a imposición de códigos de vestimenta estritos tanto para as mulleres como para os homes[4] e continuaron ao ano seguinte coa súa política de invisibilidade social da muller, desde a prohibición de facer ruído ao andar ata a prohibición de falar ou viaxar con homes que non foran da súa familia pasando pola prohibición de achegarse ás fiestras das súas casas[5]. O ataque terrorista de 2001 en Nova York levou á caída dos talibáns[6] ao pedirlles os Estados Unidos a entrega de Osama bin Laden e logo da súa negativa o 7 de outubro dese ano co apoio das Nacións Unidas forzas da OTAN coa colaboración da Alianza do Norte invadía o país e o 13 de novembro os talibáns perdían a capital, organizándose os restos das forzas talibáns como guerrillas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads