Talk Talk
grupo de músca británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Talk Talk foi unha banda inglesa activa dende 1981 ata 1991. O grupo foi parte do movemento new wave inglés que tamén incluía a artistas como Duran Duran e tivo unha serie de sinxelos exitosos nos seus primeiros anos como "Today", "Talk Talk", "It's My Life", "Such a Shame" e "Dum Dum Girl". Sempre incómodos cos requisitos e a presión da industria do pop, Talk Talk afastouse do synthpop cara a unha música máis experimental a mediados dos 80. Uns poucos máis sinxelos, como "Life's What You Make It" e "Living in Another World", conseguiron o éxito en Europa, pero o seu atractivo comercial baixou rapidamente a medida que a súa reputación aumentaba.
A banda separouse en 1991. O vocalista Mark Hollis editou un álbum en solitario antes de retirarse da industria musical. O baixista e o batería fundadores Paul Webb e Lee Harris tocaron nun feixe de bandas xuntos; o cuarto membro de facto, Tim Friese-Greene continua no negocio como músico e produtor. Os seus derradeiros dous álbums, Spirit of Eden e Laughing Stock, foron moi aclamados e son moi influentes no rock alternativo experimental, especialmente no post-rock. 25 anos despois da publicación de Spirit of Eden, que The Guardian considerou a súa obra mestra, Talk Talk era aínda eloxiada como un exemplo clásico dunha banda que se negou a comprometer a súa arte polas presións comerciais, e Hollis e os seus compañeiros son vistos como uns dos artistas máis interesantes que saíron do movemento synthpop dos 80.
Remove ads
Discografía
Álbums
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads