Tamaulipas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tamaulipas, oficialmente Estado Libre e Soberano de Tamaulipas, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 43 concellos e a súa cidade capital é Ciudad Victoria. Atópase no nordeste de México e limita cos estados de Nuevo León ao oeste, San Luis Potosí ao suroeste e Veracruz ao sueste. No norte, ten un treito de 370 km da fronteira entre os Estados Unidos e México co estado de Texas, e ao leste limita co golfo de México.[1] Ademais da capital, Ciudad Victoria, as meirandes cidades do estado son Reynosa, Matamoros, Nuevo Laredo, Tampico e Mante.
Remove ads
Etimoloxía
O nome Tamaulipas deriva do termo Tamaholipa, unha palabra huasteca no cal o prefixo tam- quere dicir "lugar (onde)". Non existe acordo académico sobre o significado de holipa, mais "outeiros altos" é unha interpretación común.[2] Outra explicación do nome do estado é que se deriva de Ta ma ho'lipam ("lugar onde os apaches lipan cazan").
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads