Tancredo 1

satélite artificial do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Tancredo 1 foi un satélite artificial do Brasil lanzado o 9 de decembro de 2016 a bordo dun foguete H-IIB desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2][4][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Tancredo 1 foi o primeiro satélite do proxecto Ubatubasat, sendo deseñado pola Escola Municipal Presidente Tancredo de Almeida Neves (en Ubatuba, São Paulo) coa asesoría do Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (INPE) e o apoio da Axencia Espacial do Brasil e da UNESCO. Foi construído usando un kit comercial proporcionado pola empresa norteamericana Interorbital Systems.[1][2][4][5]

O obxectivo do satélite é espertar o interese na ciencia e a tecnoloxía entre estudantes de entre 10 e 14 anos. As tarefas para a súa construción incluían a integración, montaxe, programación, probas, lanzamento e operación do satélite. Tancredo 1 levaba a bordo unha grabadora de voz para retransmitir unha mensaxe elixida por concurso entre as escolas de Ubatuba. Reentrou na atmosfera terrestre o 18 de outubro de 2017[1][2][4][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads