Tangerang
cidade de Indonesia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tangerang (en sundanés: ᮒᮍᮨᮛᮀ) é a cidade con máis poboación da provincia de Bantén, en Indonesia. Situada na fronteira occidental de Iacarta, é a sexta cidade máis grande do país (excluíndo Iacarta, que está clasificada como unha provincia que contén cinco cidades administrativas e unha rexencia).
Remove ads
Demografía
Segundo o censo de 2020, tiña unha poboación de 1 895 486 habitantes[1] e a estimación oficial a mediados de 2023 era de 1 912 679.[2]
Non só funciona como cidade dormitorio, xa que hai moitas áreas industriais como Jatake e varios distritos comerciais, incluíndo CBD Alam Sutera.
Transporte
Situado xusto ao lado de Iacarta, que fica ao oeste, con moitos accesos por estrada e infraestruturas melloradas, como unha nova autoestrada de peaxe, é un dos lugares favoritos para os buscadores de inmobles e investimentos na zona de área metropolitana de Iacarta.[3] Tangerang tamén alberga o aeroporto internacional Soekarno-Hatta, que dá servizo á área metropolitana de Iacarta e é a principal porta de entrada de Indonesia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads