Target Field

From Wikipedia, the free encyclopedia

Target Fieldmap
Remove ads

O Target Field é un parque de béisbol situado no distrito histórico (North Loop) do centro de Minneapolis, Minnesota (Estados Unidos). É o estadio local dos Minnesota Twins da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Alén dos Twins, o estadio ten sido utilizado ocasionalmente polos Golden Gophers da Universidade de Minnesota e en diferentes eventos rexionais de béisbol. O parque, con capacidade para 39.540 espectadores, foi inaugurado o 12 de abril de 2010. No ano 2014 acolleu o All-Star Game da MLB.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas e cronoloxía ...

Aínda que o estadio foi deseñado para xogar ao bésibol, ten capacidade para acoller outros deportes como fútbol americano, fútbol e concertos ao aire libre. Ademais, conta con multitude de instalación para actividades empresariais e outros tipos de eventos non relacionados co béisbol. No ano 2010, o Target Field foi considerado pola ESPN The Magazine como o estadio que oferta a mellor experiencia beisbolística de América do Norte.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads