Tegucigalpa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tegucigalpa é a capital de Honduras, localízase ó pé do cerro El Picacho nun estreito val formado polo río Grande ou Choluteca, a uns 990 metros sobre o nivel do mar. A súa poboación na área metropolitana en 2006 era de 1.682.725 persoas.
Tegucigalpa foi fundada por un grupo de españois co nome de Real Villa de San Miguel de Tegucigalpa de Heredia o 29 de setembro de 1578 sobre un antigo poboado indíxena existente. Nesa época a área de Tegucigalpa era un centro de actividade mineira onde se extraía especialmente prata e ouro.
Remove ads
Etimoloxía
A maioría das fontes indica que a orixe e significado da palabra Tegucigalpa deriva da lingua náhuatl.[1] A versión máis aceptada fai pensar que procede da palabra náhuatl Taguz-galpa, que significa "montes de prata", pero esta interpretación é incerta xa que os indíxenas que ocupaban a rexión daquela descoñecían a existencia de xacementos minerais da zona.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads