Telecinco

canle de TV xeralista privada de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Telecinco
Remove ads

Telecinco é unha canle de televisión xeralista e privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...

As súas emisións experimentais comezaron o 10 de marzo de 1989 e posteriormente as emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990, sendo a segunda rede privada a transmitir por España, despois de Antena 3.

A sede central encóntrase en Madrid, situada no barrio de Fuencarral, no que antigamente foron os Estudios Roma.

Remove ads

Historia

En 1989, o goberno de Felipe González liberaliza a televisión española, concedendo tres licenzas de televisión. Esas novas canles son, á parte de Telecinco, Antena 3 e Canal + que lle permite emitir en codificado. Xestionada polo Grupo Gestevisión Telecinco. As súas emisións de proba comezaron por primeira vez en 10 de marzo de 1989 e máis tarde, as súas emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990 sendo a segunda canle privada para transmitir por toda España. En maio de 1998 comeza a emitir un informativo diario para Galicia en desconexión para esta comunidade, estaba editado e presentado por Ana Rodríguez Martí; mantívose ata agosto de 2001. [Cómpre referencia]

Remove ads

O Grupo Telecinco

En 2004 o Grupo Telecinco sae a cotizar en bolsa, e queda formado polas seguintes empresas:

  • Mediaset Investimenti (50,13%).
  • Vocento (13%).
  • Outros accionistas (36,87%).

O Grupo Telecinco tamén controla outras empresas:

  • Atlas (axencia de noticias).
  • SALTA (produtora de programas de televisión).
  • Grupo Editorial Telecinco.
  • UNE (rede de televisións locais).
  • Publiespaña (xestión de publicidade).
  • Publimedia Gestión.
  • Europortal Jumpy España.
Remove ads

Audiencias

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.

Máis información Ano, Xaneiro ...

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads