Telewizja Polska

From Wikipedia, the free encyclopedia

Telewizja Polska
Remove ads

Telewizja Polska Spółka Akcyjna (en galego, Televisión Polaca) é a empresa de televisión pública de Polonia. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Actividade ...
Remove ads

Historia

Thumb
Sede central de TVP en Varsovia.
TVP1 HD

A orixe da televisión polaca remóntase a 1935, cando o Państwowy Instytut Telekomunikacji (PIT) (Instituto de Telecomunicacións do Estado) comeza a traballar xunto con Polskie Radio no establecemento do servizo de televisión, que comezou a emitir sinais en probas en 1937. Con todo, todo isto viuse paralizado coa Invasión de Polonia en 1939 e a destrución de todo o material por parte da Alemaña Nazi.

En 1947 o PIT reinicia a construción da infraestrutura para o sinal televisivo, e en 1951 vólvense a transmitir sinais de televisión. Telewizja Polska nacería de forma oficial en 1952, co inicio das emisións regulares o 25 de outubro desde Varsovia. Máis tarde xurdirían outras canles de TVP cun carácter rexional, como Telewizja Katowice. O 2 de outubro de 1970 nace a segunda canle da televisión polaca (TVP2) e para 1971 comezan a emitir programación en cor, en tecnoloxía SECAM. Nesta época Telewizja Polska era membro da rede de Intervisión.

Coa chegada da democracia a Polonia prodúcense varios cambios. O máis importante de todos eles é a separación de funcións entre a radio e a televisión, cambiando os seus estatutos e separando os organismos. O 29 de decembro de 1992 constitúese a Telewizja Polska Spółka Akcyjna, pola que TVP pasaba a ser unha sociedade anónima, e 2 días despois (Ano novo de 1993) prodúcese o seu ingreso na UER. Tamén se puxo en marcha unha canle internacional e produciuse o cambio de denominación nas canles rexionais de TVP, que pasaron a ter unha denominación común, TVP3.

Nos últimos anos a oferta de canles de TVP estendeuse, pasando a ter varias canles temáticos dedicados á cultura, deporte e historia. En 6 de outubro de 2007 en 0.13 produciuse un cambio na súa canle rexional TVP3, que pasou a denominarse TVP Info.

Remove ads

Canles

Thumb
Promoción de TVP nas rúas de Varsovia.
  • TVP1: Primeira canle de televisión de Polonia, e principal canle do seu país. Ten unha oferta de contidos xerais enfocada para toda a familia, emite series, cine, programas infantís e programas de información e servizo.
  • TVP2: Segunda canle de televisión, que emite unha programación máis cultural e informativa aínda que actualmente se enfoca ao entretenimiento, con concursos e series americanas.
  • TVP3: Terceira canle, anteriormente coñecido como TVP3, e que aglutina todas as cadeas rexionais de TVP. Ademais funciona como canle de información continua. Está formado polas seguintes emisoras:
  • TVP3 Białystok
  • TVP3 Bydgoszcz
  • TVP3 Gdańsk
  • TVP3 Gorzów Wielkopolski
  • TVP3 Katowice
  • TVP3 Kielce
  • TVP3 Kraków
  • TVP3 Lublin
  • TVP3 Lódz
  • TVP3 Olsztyn
  • TVP3 Opole
  • TVP3 Poznań
  • TVP3 Rzeszów
  • TVP3 Szczecin
  • TVP3 Warszawa
  • TVP3 Wrocław

Ademais TVP posúe desde 1992 unha canle internacional dedicado á diáspora polaca, chamado TVP Polonia, e outro para o público de Belarús que pode sintonizarse a través de satélite, Belsat TV.

Especializados

Ademais de TVP Info, existen as seguintes canles que se ven a través da televisión por cable e o satélite:

  • TVP ABC: Canle infantil.
  • TVP Kultura: Canle dedicada á cultura.
  • TVP Sport: Canle dedicada a deportes (Director: Robert Korzeniowski).
  • TVP Historia: Canle dedicada a documentales e historia.
  • TVP Seriale: Especializado en series e produción propia.
  • TVP Rozrywka: Lanzado en 2013.
  • TVP HD: Canle en alta definición.
  • TVP info canle en alta information
Remove ads

Audiencias en 2013[1]

Máis información Cadea, % total ...

Financiamento

TVP nútrese economicamente a través dun imposto fixado polo Goberno de Polonia que cobre aproximadamente un terzo do orzamento. O resto do financiamento prodúcese a través da publicidade e patrocinio comercial de programas e eventos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads