Ten

álbum de Pearl Jam From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ten é o primeiro álbum da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 27 de agosto de 1991 a través do selo Epic Records. É un dos discos de rock máis vendidos, e en decembro de 2012 Ten levaba unhas vendas de 9.983.000 copias só nos Estados Unidos[1].

Datos rápidos Álbum de Pearl Jam, Publicado ...

O nome do disco é unha homenaxe ao antigo nome da banda, Mookie Blaylock (baloncestista estadounidense o cal usaba o número dez na súa camisola). Foi producido por Rick Parashar, que tamén colaborou gravando piano, órgano e percusión[2].

No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o terceiro mellor álbum dos anos 90[3]

Remove ads

Reedición do 2009

O álbum foi reeditado o 24 de marzo do 2009, sendo lanzado en varios formatos: a Legacy Edition formada por un disco coa mestura orixinal remasterizada e un segundo disco remasterizado e coas cancións orixinais remesturadas por Brendan O'Brien ademais de seis cancións extra; a deluxe edition que ademais dos dous discos contiña un DVD dun concerto acústico da banda na MTV realizado no ano 1992; a vinil collection con dous vinilos, o orixinal e o mesturado por Brendan O'Brien, ambos remasterizados; e super deluxe edition formada polos CDs e o DVD da edición deluxe, os dous vinilos da vinil collection, dous LPs máis cun directo no Magnuson Park de Seattle o 20 de setembro de 1992, e un casete réplica da demo da banda Momma-Son cos temas "Alive", "Once" e "Footsteps"[4].

Remove ads

Listaxe de cancións

Todas as letras escritas por Eddie Vedder. 

Máis información N.º, Título ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads