Tenochtitlán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tenochtitlán ( pronunciación (axuda · info)) era a capital do Imperio Azteca, construída nunha illa no lago Texcoco, no que hoxe é o México central. Era un centro urbano con cerca de 1 millón de habitantes, no período da conquista era maior que calquera cidade europea. Era moi organizada e estruturada, motivo polo que ao chegar os españois admiraron a súa beleza pois percibían ós seus habitantes como un pobo primitivo. A maior parte da cidade foi destruída na década de 1520 polos conquistadores e a Cidade de México foi erixida sobre as súas ruínas.

Remove ads
Na cultura popular
- Varias óperas como Montezuma, do compositor Antonio Vivaldi, e outras homónimas do século XVIII, de Carl Heinrich Graun, Gian Francesco de Majo e Josef Mysliveček entre outras, están ambientadas na cidade de Tenochtitlán. Outras relacionadas coa capital azteca son a peza teatral titulada 'Tenochtitlan' de Santiago Sevilla, músicas da serie de álbums 'Gaia' da banda Mägo de Oz, ou a canción 'Cortez the Killer' de Neil Young, que fala da chegada de Hernán Cortés a México.
- Diversas novelas, como 'Tenochtitlan: la última batalla de los aztecas' de José León Sánchez, 'Huesos de lagartija' de Federico Navarrete e 'Azteca' de Gary Jennings, exploran a historia e a conquista da cidade.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tenochtitlán ![]() |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Retrato de Tenochtitlan • reconstrución en 3D da capital do imperio azteca. (thomaskole.nl; en inglés, castelán e náhualt)
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads