Tenzing Norgay

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tenzing Norgay
Remove ads

Tenzing Norgay, guía, Sherpa (Solu Khumbu, Nepal, 15 de maio (?) de 1914 - Katmandú,† Nepal, 9 de maio de 1986), foi o primeiro en subir ao Everest, xunto con Sir Edmund Hillary, Norgay significa "Afortunado".

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Monumento a Tenzing Norgay

A primeira vez que foi profesionalmente á montaña foi en 1936, coa expedición de E. Shipton ao Garhwal. Posteriormente tomou parte na expedición británica ao Everest en 1938, ao Nanga Parbat (1950), Nanda Devi cos franceses (1951) e dúas expedicións suízas ao Everest (1952) dirixidas por Raymond Lambert, que serían os primeiros intentos serios de subir ao Everest polo lado nepalí. Nesta última expedición, Tenzing Norgay chegou por primeira vez aos 8.599 m, altura nunca lograda ata entón.

Fíxose famoso cando, ás 11:30 da mañá do 29 de maio de 1953, coroou o Everest xunto con Sir Edmund Hillary, formando parte da expedición británica que dirixía Sir John Hunt.

En 1978 fundou unha empresa dedicada a ofrecer servizos aos numerosos alpinistas e excursionistas que visitaban Nepal.

Casou tres veces, a súa primeira muller morreu nova. Con ela tivo un fillo, que morreu sendo un neno, e dúas fillas, Nima e Pem Pem. A segunda muller foi Ang Lahmu. Tomou unha terceira esposa cando a segunda aínda vivía, cousa permitida polos costumes sherpas, e tivo un terceiro fillo.

O seu fillo Jamling Tenzing Norgay continuou a tradición, e subiu ao Everest en 1996.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads