Tesela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A tesela[1] é unha pequena peza de pedra, terracota ou vidro coloreado que se emprega para confeccionar un mosaico. A palabra provén do latín tessella que, á súa vez, procede do termo grego τεσσερες.

Os romanos elaboraban os mosaicos con estas pequenas pezas chamadas teselas, por iso é polo que se referisen a eles tamén como opus ou ars tessellatum. As teselas son pezas de forma cúbica, feitas de rochas calcarias ou materiais de vidro ou cerámicas, moi coidadas e elaboradas e de distintos tamaños. O artista dispúñaas sobre a superficie, como un crebacabezas, distribuíndo a cor e a forma e amoreándoas cunha masa de conglomerante.
No mundo grego foi moi frecuente e desde moi cedo (dende fins do século V a. C.) o pavimento composto por coios de río (pedriñas que se atopan nas beiras) de tamaños e de cores distintas. Con estes coios facíanse debuxos sinxelos de temas xeométricos. A finais do século -III, as teselas substituíron estes coios polícromos.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
