Test de Bechdel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Test de Bechdel
Remove ads

O test de Bechdel, tamén coñecido como test de Bechdel/Wallace é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero. Orixinouse no cómic Dykes to Watch Out For, obra de Alison Bechdel de 1985. A invención do test atribúese a Liz Wallace, unha amiga da autora do cómic.[1]

Thumb
O test leva o nome da debuxante Alison Bechdel.
Remove ads

Método de avaliación

Na tira cómica «The Rule», un dos personaxes di que unicamente acepta ver unha película se cumpre cos seguintes requisitos:[2]

  1. Na película aparecen polo menos dúas personaxes femininas.
  2. Estas personaxes falan entre si nalgún momento.
  3. A conversa entre elas trata de algo distinto a un home (o que non se limita a relacións románticas: por exemplo, dúas irmás falando do seu pai non pasa o test).

Unha variante esixe que, ademais, as dúas mulleres sexan personaxes con nome.[3]

Estas simples regras, se se aplicasen á inversa, é dicir, aos homes, darían como resultado que practicamente todas as películas estreadas cumpren o requisito para os homes; pola contra, só unha minoría de películas pasan o test orixinal.[4]

Existen outros test parecidos, como o chamado Principio da Pitufiña (en inglés, The Smurfette Principle) que analiza as películas nas que unicamente hai un personaxe feminino cun patrón de comportamento moi definido, que choca co comportamento do personaxe principal, que sería un home extremadamente masculino.[5]

O uso do test de Bechdel xeneralizouse como unha forma sinxela de destacar a escasa presenza feminina na industria do cine. A pesar de ser un test pouco esixente, o resultado de aplicalo ás películas máis populares é destacable e existen numerosas webs de crítica de cine, proxectos feministas, e sitios web que realizan listas de películas conforme a se pasan ou non o test, con resultados que proban que se trata dun rumbo sistemático.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads