Concello de Texcoco

From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Texcocomap
Remove ads

Texcoco é un concello do Estado de México. Esta municipalidade está situada na rexión oriente do Estado de México, moi próxima á Cidade de México. Está a unha altitude aproximada de 2.250 metros sobre o nivel do mar.[1] En 2010 Texcoco tiña unha poboación de 235 151 habitantes.[1][2]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

O seu nome deriva do náhuatl e a definición máis aceptada é "Nas jarillas dos riscos".[1]

As actividades económicas fundamentais son o comercio, os téxtiles e actividades agropecuarias nos arredores.

A cidade aínda conserva o estilo colonial destacando os edificios relixiosos do século XVI. Dentro da propia cidade pódense encontrar vestixios da época precolombiana.

Remove ads

Historia

Texcoco fundouse no século XII como estado náhuatl independente e pertencente á tripla alianza Tenochtitlan - Tlacopan - Texcoco. Constituíuse como a segunda cidade máis importante do Imperio Azteca correspondendo até dúas quintas partes dos impostos recadados polo imperio. No seu momento foi recoñecida como centro cultural e contou cun importante acervo de documentos de toda índole, desde poesía até astronomía, así como varios pertencentes a culturas de Mesoamérica máis antigas.

O Rei Netzahualcóyotl (1402-1471) foi un destacado poeta, filósofo e mecenas das artes. Entre os seus múltiplos logros podemos salientar xardíns botánicos e un zoolóxico, que contaban con espécimes traídas de todos os recantos do imperio. As ruínas do que foron centros de lecer para a nobreza como os coñecidos Baños de Netzahualcóyotl aínda se poden visitar. O seu fillo Netzahualpilli (1465-1516) continuou a tradición de promover a arte e a cultura en xeral.

En 1520 as tropas de Hernán Cortés ocuparon a cidade e asasinaron o último rei independente de Texcoco, Cacamatzin. A partir de entón Hernán Cortés fixo de Texcoco a súa base de operacións e plataforma para a posterior Conquista de México.

De 1827 a 1830 Texcoco foi capital do Estado de México.

O nome oficial de Texcoco é Texcoco de Mora en honra a un destacado lexislador.

Algúns sitios de interese da zona son, entre outros, as ruínas do outeiro dos melóns, os baños de Nezahualcóyotl, a casa da cultura e os murais de Diego Rivera na Universidade Autónoma Chapingo.

Remove ads

Política e goberno

Máis información Alcalde, Período ...

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads