Théoden
personaxe de O señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Théoden é un personaxe ficticio que pertence ó legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Era o rei de Rohan e aparece principalmente nos libros As dúas torres e O regreso do rei, o segundo e terceiro volumes da triloxía O Señor dos Aneis. A súa espada chamábase Herugrim.
Remove ads
Nome

Na etimoloxía da Terra Media, o nome Théoden é unha tradución do rohírrico Tûrac, unha verba antiga para rei. Algúns estudosos relacionan Théoden coa verba en inglés antigo þēoden,[1] que quere dicir "líder do pobo" (ou tamén "rei" ou "príncipe").[2][3] Ó igual que outros nomes descritivos do seu legendarium, Tolkien usa este nome para xerar a impresión de que o texto é "'histórico', 'real' ou 'arcaico'".[4]
Remove ads
Aparicións
Literatura
Foi o único fillo do rei Thengel e Morwen de Lossarnach. Tivo catro irmás (unha maior e tres menores) e era especialmente achegado á última, Théodwyn.[5] Naceu no 2948 T. E. en Gondor, onde a súa familia viviu ata que Thengel pasou a ser rei de Rohan. Medrou falando sindarin e oestron, pero aprendeu o rohírrico, a lingua da súa terra, máis tarde. Converteuse en rei despois da morte do seu pai en 2980. Théodwyn viviu con el en Edoras. Casou con Elfhild, quen morreu dando a luz ó seu fillo, Théodred. Logo de que a súa irmá Théodwyn e o seu esposo Éomund morreran, adoptou ós seus fillos: Éomer e Éowyn. Tamén foi o primeiro Mariscal da Marca logo da morte de Éomund.
Nos anos da Guerra do Anel Théoden levaba case trinta anos como rei de Rohan, e estaba amosando sinais de vellez; era cada vez máis manipulado por Gríma Lingua de Verme, que estaba secretamente baixo o mando de Saruman, quen acelerou o seu avellentamento mediante pocións e velenos.[6] Nos últimos anos antes Théoden estaba perdendo o control do seu reino pola influencia de Gríma, xa que Rohan era ameazado de novo por orcos e dunlendinos, que operaban guiados por Saruman dende Isengarda.
Despois de que Théodred fora mortalmente ferido na Primeira Batalla dos Vaos do Isen enfrontándose ós exércitos de Isengarda, Eomér pasou a ser o herdeiro de Théoden.
Cando Gandalf o Branco e Aragorn apareceron en Edoras, Théoden non lles prestou maior atención, pero logo de que Gríma fose desenmascarado e Théoden retomara os seus sentidos, aceptou loitar contra Isengarda, devolveulle os poderes ó seu sobriño e liderou ós Rohirrim na Batalla do Abismo de Helmo.
Polo Xuramento de Eorl, unha eterna alianza entre Rohan e Gondor, Théoden encabezou ós Rohirrim para loitar na Batalla dos Campos de Pelennor. Nesta batalla derrotou á cabalería dos Haradrim. Foi mortalmente ferido logo de que o seu cabalo caese enriba del ó ser atravesado por unha frecha. Foi vingado por Éowyn e Merri, os cales cabalgaran á guerra en segredo. Nos seus derradeiros minutos despediuse de Éowyn e proclamou rei ó seu sobriño.
Versión cinematográfica

Nos filmes de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King, Theoden é interpretado polo actor inglés Bernard Hill. No terceiro filme da triloxía, Théoden morre a mans do Rei Bruxo de Angmar.
Predecesor: Thengel |
![]() Rei de Rohan 2980 - 3019 T. E. |
Sucesor: Éomer |
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads