Thérèse Raquin

novela de Émile Zola From Wikipedia, the free encyclopedia

Thérèse Raquin
Remove ads

Thérèse Raquin[1] é a terceira novela do escritor francés Émile Zola e publicouse en 1867.[2] A obra, dividida en tres partes, presenta os trazos que fixaran os alicerces do naturalismo desenvolvido anos máis tarde na literatura co ciclo de Rougon-Macquart. Así mesmo, permitirá que o público parisiense coñeza o autor galo. Será el mesmo quen se faga cargo da posta en escena, en 1873, dunha peza de teatro inspirada na súa novela e intitulada Thérèse Raquin : drame en 4 actes.

Datos rápidos Título orixinal, Autor/a ...

Foi traducido ó galego por Isabel Soto[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017.[1]

Remove ads

Trama

Unha moza chamada Thérèse casa co seu curmán Camille, co cal vive, cas da tía, condenada a unha existencia monótona. Pouco teempo despois da voda, o rapaz leva con el para a casa a un amigo, Laurent, polo cal Teresa se sente atraída; comenzan pois unha relación, que acabará cun crime, e en consecuencia con remorsos.

Adaptacións

A obra literaria foi levada ao cinema e á televisión en varias ocasións. Dúas das adaptacións máis notables son a película francesa Thérèse Raquin de 1953, do director Marcel Carné, protagonizada por Simone Signoret e Raf Vallone; así como o filme estadounidense In Secret de 2013, coas interpretaciones de Elizabeth Olsen como Thérèse e Jessica Lange como Madame Raquin. Oscar Isaac e Tom Felton interpretan a Laurent e a Camille respectivamente.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads