The Beach

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Beach é un filme de aventuras dirixido por Danny Boyle baseado na novela de 1996 The Beach escrita por Alex Garland, que foi adaptada para o filme por John Hodge. Está protagonizada por Leonardo DiCaprio. Tamén aparecen neste filme Tilda Swinton, Robert Carlyle, Virginie Ledoyen e Guillaume Canet. Foi rodada na illa tailandesa de Koh Phi Phi.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

O desexo de vivir experiencias interesantes, de atopar algo ou alguén auténtico é o que empurra a Richard (Leonardo DiCaprio), un xove mochileiro, a ir a Tailandia. Unha vez en Bangkok, alóxase nun hotel de mala morte, onde coincide cunha parella de franceses: Étienne (Guillaume Canet) e Françoise (Virginie Ledoyen). Pero, sobre todo, coñece a Daffy (Robert Carlyle), un viaxeiro destruído por anos de sol e drogas e que está de volta de todo. Daffy, un ser tortuoso e paranoico, cóntalle a Richard unha historia fantástica sobre unha illa paradisíaca, sobre unha praia perfecta que nunca foi profanada polos turistas.

Remove ads

Personaxes

  • Leonardo DiCaprio como Richard
  • Tilda Swinton como Sal
  • Virginie Ledoyen como Françoise
  • Guillaume Canet como Étienne
  • Paterson Joseph como Keaty
  • Lars Arentz-Hansen como Bugs
  • Robert Carlyle como Daffy
  • Peter Youngblood Hills como Zeph
  • Jerry Swindall como Sammy
  • Zelda Tinska como Sonja
  • Victoria Smurfit como Muller do tempo
  • Daniel Caltagirone como Unhygienix
  • Peter Gevisser como Gregorio
  • Lidija Zovkic como Mirjana
  • Samuel Gough como Guitarrista
  • Staffan Kihlbom como Christo
  • Jukka Hiltunen como Karl
  • Magnus Lindgren como Sten
  • Abhijati 'Meuk' Jusakul como Xefe da plantación
  • Sanya 'Gai' Cheunjit como Granxeiro
  • Kaneung 'Nueng' Kenia como Granxeiro
  • Somchai Santitarangkul como Granxeiro
  • Seng Kawee como Granxeiro
  • Somkuan 'Kuan' Siroon como Granxeiro
  • Emma Renae Griffiths como Camarera
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads