The Hunger Games: Catching Fire

Filme de 2013 dirixido por Francis Lawrence From Wikipedia, the free encyclopedia

The Hunger Games: Catching Fire
Remove ads

The Hunger Games: Catching Fire é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Catching Fire, a segunda parte da triloxía The Hunger Games. O filme da tetraloxía The Hunger Games é a secuela de Os xogos da fame, producida por Nina Jacobson e Jon Kilik e distribuída por Lionsgate no 2013. Francis Lawrence dirixiu o filme, cun guión de Simon Beaufoy e Michael Arndt. Ademais do elenco protagonista do anterior filme, incorpóranse Philip Seymour Hoffman, Jeffrey Wright, Sam Claflin, Lynn Cohen, Jena Malone, Amanda Plummer, Alan Ritchson e Meta Golding.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

O argumento de Catching Fire ten lugar uns poucos meses despois do remate do primeiro filme. Katniss Everdeen volveu ó seu fogar despois de gañar os 74º Xogos da Fame Anuais, xunto co seu compañeiro Peeta Mellark. Ó longo da historia, Katniss decátase de que está a xurdir unha rebelión nos distritos contra o opresivo Capitolio. A rodaxe comezou o 10 de setembro de 2012 en Atlanta, Xeorxia, antes de trasladarse a Hawai.

The Hunger Games: Catching Fire foi estreado o 15 de novembro de 2013 no Brasil, o 20 de novembro en Finlandia, Suecia e Noruega, o 21 de nomvebro no Reino Unido, e o 22 de novembro nos Estados Unidos. Conseguiu ser o décimo filme con maior recadación de tódolos tempos [1] e o primeiro das carteleiras de 2013, sendo o primeiro filme en 2-D dende O cabaleiro escuro (2008) con máis recadación do seu ano, así como por ter unha protagonista feminina, cousa que non se producía dende O exorcista (1973). En todo o mundo, conseguiu $864 millóns.

Catching Fire recibiu boas críticas e está mellor considerado que o seu predecesor, e tamén foi destacada a interpretación de Lawrence como Katniss. Foi nomeado a numerosos premios, ós "Broadcast Film Critics Association" como Mellor filme de acción, e ós Premios Saturn como mellor filme de ciencia ficción. Pola súa interpretación, Lawrence foi nomeada por segunda vez ós Premios Empire como mellor actriz, así como ós Saturn e ós Broadcast Film Critics Association. A canción "Atlas" foi nomeada ós Premios Grammy e ós Globos de Ouro como Mellor canción orixinal.

A súa secuela, The Hunger Games: Mockingjay – Part 1, foi estreada o 21 de novembro de 2014 nos Estados Unidos.

Remove ads

Elenco

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads