The Interview

Filme de 2014 dirixido por Evan Goldberg e Seth Rogen From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Interview é un filme estadounidense de 2014 dirixido e producido por Evan Goldberg e Seth Rogen, sendo o seu segundo traballo xuntos dende This Is the End (2013). O guión é obra de Dan Sterling, e baséase nunha historia entre Rogen e Goldberg. Está protagonizado por Rogen e James Franco, que interpretan dous xornalistas que son enviado a Corea do Norte para entrevistar ó líder Kim Jong-un (Randall Park), e que son recrutados pola CIA para asasinalo.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Rogen e Goldberg desenvolveron a idea de The Interview a finais da década de 2000, con Kim Jong-il como obxectivo principal do asasinato. En 2011, despois da morte de Jong-il, Jong-un substituíno como líder do país. Rogen e Goldberg desenvolveron un novo guión centrado en Jong-un. O anuncio do filme realizouse en marzo de 2013, xunto co comezo da pre-produción. A fotografía principal realizouse en Vancouver dende outubro até decembro de 2013.

En xuño de 2014, o goberno norcoreano ameazou con accións contra os Estados Unidos se Columbia Pictures estreaba o filme. Columbia adiou a estrea de outubro até decembro, e reeditou en repetidas ocasións o filme para facelo máis aceptable para Corea do Norte. En novembro, os sistemas informáticos de Sony Pictures Entertainment foron hackeados por "Guardians of Peace," un grupo que o FBI di que ten relacións con Corea do Norte.[1] O grupo tamén ameazou con accións terroristas contra os cinemas que proxectasen o filme. As principais cadeas de cinemas decidiron non estrear o filme, o que implicou que Sony o lanzase por compra en liña o 24 de decembro de 2014, seguido por unha estrea limitada o día seguinte en cinemas escollidos.

The Interview recadou $40 millóns en liña, converténdose no maior éxito financeiro de Sony nunha estrea dixital, e conseguiu uns $11,2 millóns en cinemas de todo o mundo. Recibiu críticas dispares polo seu humor e temática, malia que uns poucos aclamaron as interpretacións de Rogen, Franco, Park e Diana Bang.

Remove ads

Personaxes

  • James Franco como Dave Skylark
  • Seth Rogen como Aaron Rapaport
  • Lizzy Caplan como Axente Lacey
  • Randall Park como Kim Jong-un
  • Diana Bang como Sook-yin Park
  • Timothy Simons como Malcolm
  • Reese Alexander como Axente Botwin
  • Anders Holm como Jake
  • Charles Rahi Chun como Xeneral Jong

O filme tamén conta coas aparicións de Eminem, Rob Lowe, Bill Maher, Seth Meyers, Joseph Gordon-Levitt, Ben Schwartz, Brian Williams e Scott Pelley. Iggy Azalea, Nicki Minaj, Emma Stone, Zac Efron e Guy Fieri aparecen nas cartelas de entrada do programa ficticio Skylark Tonight.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads