The Man-Machine

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Man-Machine (alemán: Die Mensch-Maschine) é o sétimo álbum de estudio da banda alemá de música electrónica Kraftwerk, publicado o 28 de abril de 1978 a través do selo Kling Klang Studio en Alemaña e por Capitol Records no resto do mundo. No álbum refínase o seu estilo mecánico e nel o grupo incorpora ritmos máis bailables. O álbum ten unha inclinación satírica. Pénsase que aborda unha ampla gama de temas da guerra fría, a fascinación de Alemaña pola fabricación e a relación cada vez máis simbiótica da humanidade coas máquinas.[1] Inclúe os sinxelos "The Model" e "The Robots".

Datos rápidos Álbum de Kraftwerk, Publicado ...

Aínda que inicialmente o álbum non tivo éxito na lista de álbums do Reino Unido, chegaría ao número 9 en febreiro de 1982,[2] converténdose no segundo álbum da banda con mellor posición nas listas do Reino Unido despois de Autobahn (1974).[3]

Remove ads

Listaxe de cancións

Todas as letras escritas por Ralf Hütter, agás "The Model" por Hütter e Emil Schult. 

Máis información Cara 2, N.º ...
Máis información Cara 2, N.º ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads