Three

EP de U2 From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Three, tamén coñecido como U2 3, é un EP da banda irlandesa de rock U2, publicado en Irlanda o 26 de setembro de 1979 a través do selo CBS Ireland. Trátase do primeiro lanzamento realizado polo grupo.

Máis información EP de U2, Data de edición: ...

Three está formado por tres cancións gravadas nos estudios Windmill Lane de Dublín en agosto de 1979, co A&R do selo Chas de Whalley como produtor. "Out of Control" aparece na cara A, e "Stories for Boys" e "Boy/Girl" na B, e o lanzamento aparece referido tanto como EP como sinxelo. Foi un grande éxito para o grupo, que vendeu as 1 000 copias da edición limitada en vinilo de 12" case inmediatamente. A edición en vinilo de 7" acadou o número 17 da lista de sinxelos irlandesa.[1]

"Out of Control" e "Stories for Boys" regraváronse o ano seguinte e incluíronse no álbum de estrea da banda, Boy. Three reeditouse para o Record Store Day Black Friday en novembro de 2019 para celebrar o 40 aniversario do seu lanzamento orixinal.[2]

Remove ads

Listaxe de cancións

Todas as letras escritas por Bono, toda a música composta por U2.

Máis información Cara 1, N.º ...
Máis información Cara 2, N.º ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads