Tigre de Bengala
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) é a subespecie de tigre máis numerosa de Asia. A súa poboación estimouse en menos de 2 500 exemplares no ano 2011. Dende 2008, está clasificado como "en perigo" segundo a Lista Vermella da IUCN e está ameazado pola caza furtiva, destrución e fragmentación do seu hábitat. Ningunha das Zonas de Conservación do Tigre está considerada grande de abondo para manter unha poboación efectiva de máis de 250 exemplares adultos.[1]
O tigre chegou ó subcontinente indio hai uns 12 000 anos.[3] A poboación de tigre na India estimouse en 1 706–1 909 exemplares en 2010.[4] En 2014, a poboación recuperouse levemente chegando a 2 226 exemplare.[5] Estímase que hai uns 440 tigres en Bangladesh, 163–253 no Nepal e 103 en Bután.[6][7][8][9]
O tigre de Bengala está entre os meirandes félidos vivos.[10][11] Por iso está considerado como parte da megafauna carismática do mundo.[12] É o animal nacional da India e de Bangladesh.[13]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads