Time-lapse

From Wikipedia, the free encyclopedia

Time-lapse
Remove ads

Un time-lapse ou Time-Lapse é unha técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas a intervalos regulares e a súa posterior reprodución a unha velocidade superior á que foron tomadas. Esta técnica crea unha ilusión de imaxes aceleradas, permitindo observar procesos longos en períodos de tempo reducidos.

Thumb
A flor dun xeranio abríndose durante un período de dúas horas. En cada imaxe hai 7 minutos de diferenza.
Remove ads

Realización

Movemento das nubes con time-lapse
Solpor con time-lapse
Sementes agromando con time-lapse

Hai varios métodos para a realización de vídeos ou filmes coa técnica Time-Lapse, entre os que están:

  • Gravación e aceleración — Gravar unha secuencia cunha vídeo cámara, para posteriormente acelerar o filme en calquera programa de edición de vídeo.
  • Captación de imaxes — Outro xeito é a captación de imaxes a determinados intervalos de tempo. Tirando unha fotografía cada certo tempo, e unindo esas imaxes obtemos unha secuencia co efecto de aceleración característico do time-lapse.
Remove ads

Usos

  • Científico — Utilízase para observar procesos longos desde outra perspectiva, como en botánica, astronomía, meteoroloxía ou xeoloxía, entre outros. Por exemplo, a técnica pode mostrar o crecemento de plantas, o movemento de nubes ou a evolución de fenómenos astronómicos.[1]
  • Artístico — O time-lapse tamén se usa para crear efectos visuais en cine e vídeo, mostrando a dinámica de procesos naturais ou de ambientes urbanos, para expresar conceptos narrativos etc.
  • Documental — É común no xénero documental para mostrar cambios en paisaxes, procesos naturais ou eventos históricos ao longo do tempo, proporcionando unha perspectiva visual que permite ao espectador apreciar a evolución de eventos que ocorren demasiado lentamente para seren captados en tempo real.[2]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads