Timothy Hutton
actor e director estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Timothy Tarquin Hutton, nado en Malibú (California) o 16 de agosto de 1960, é un actor e director estadounidense. Con vinte anos gañou o Oscar ao mellor actor secundario, sendo o actor máis novo en logralo.
Remove ads
Traxectoria
Timothy Hutton naceu en Malibú, fillo do actor Jim Hutton e da profesora Maryline Adams (nada Poole). Os seus pais divorciáronse cando Hutton tiña tres anos e a súa nai levouno a el a súa irmá máis vella, Heidi (nada en 1959) con ela a Boston. A familia volveu a California cando Hutton tiña doce anos.
En 1976, aos dezaseis anos, Hutton buscou o seu pai e mudouse con el aos Ánxeles. No instituto, mentres interpretaba a Nathan Detroit nunha produción escolar de Guys and Dolls decatouse de que quería ser actor e comezou a súa carreira na televisión.[1]
Tras varios telefilmes debutou no cinema na longametraxe Xente corrente (1980), pola que gañou o Oscar ao mellor actor secundario. Dedicou o premio ao seu pai, que morrera de cancro o 2 de xuño de 1979 aos corenta e cinco anos.
O seu seguinte filme, Máis alá do honor (con George C. Scott, Sean Penn, e Tom Cruise), foi popular entre o público e a crítica, mais durante varios anos os seus filmes foron fracasos, agás The Falcon and the Snowman (1985), de novo con Sean Penn.
En 1989 debutou en Broadway con Elizabeth McGovern na obra Love Letters, de A.R. Gurney.
A finais da década de 1980 e durante os noventa, Hutton interpretou papeis pequenos en filmes como French Kiss ou Beautiful Girls. Continuou ademais na televisión, con series como American Crime.[2]
Remove ads
Filmografía
Actor
Director
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads