Tito Blanco

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Antonio Blanco Núñez, coñecido como Tito Blanco, nado na Coruña o 12 de febreiro de 1926 e finado o 27 de novembro de 1993, foi un futbolista galego. A súa posición natural era a de centrocampista, pero xogou tamén noutras posicións, dende a defensa ata a dianteira. Militou en varios equipos, destacando o Murcia e o Deportivo da Coruña, cos que xogou varias temapadas na Primeira División. Era irmán do tamén futbolista Jaime Blanco.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Remove ads

Traxectoria

Na tempada 1943/44 xogou co Salamanca na Terceira División, adestrado polo tamén coruñés Paco González. En xaneiro de 1948 foi fichado polo Murcia, que contaba con numerosas baixas e tivo que reforzarse con varios futbolistas.[1] O 1 de febreiro debutou na Segunda División, nunha vitoria por 3-0 contra o Málaga.[2] Afianzouse no once titular durante os seguintes anos, conseguindo na tempada 1949/50 o ascenso á Primeira División, ao acabar a liga en segunda posición por detrás do Alcoyano.

Estreouse na máxima categoría nunha derrota por 5-0 contra o Sevilla de Guillermo Campanal no estadio de Nervión, e disputou 28 encontros na tempada, incluídos cinco da promoción de permanencia, na que o club murciano non conseguiu salvar a categoría. Nos seus cinco anos en Murcia, xogou tanto de medio volante como de interior, extremo e defensa lateral.[3]

En febreiro de 1952, o Deportivo da Coruña conseguiu que o Murcia llo cedese, despois de telo intentado xa anteriormente.[4][5] Debutou nun encontro de Primeira fronte ao Zaragoza en Riazor, formando na dianteira xunto con Moll, Corcuera, Arsenio e Marquínez.[6] Disputou un total de 8 partidos no equipo que ese ano adestraba Chacho, regresando a continuación a Murcia.[7]

Disputou a primeira metade da tempada 1952/53 co Murcia, sendo traspasado en xaneiro de 1953 ao Deportivo.[8] Xogou no club coruñés o que restaba de tempada e dúas máis, aínda que a última delas pasouna case en branco, despois de se lesionar en Montevideo durante a xira suramericana do Deportivo.[9] En agosto de 1955 asinou xunto con Corcuera polo Xerez,[10] disputando 17 partidos durante a tempada.

A finais da tempada 1956/57 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División, debutando con dous goles nun partido de liga contra o Oviedo.[11][12] Tras rematar a tempada en Ferrol, marchou a Portugal para xogar no Salgueiros, adestrado polo tamén galego Aretio.[13] Co club do Porto disputou 15 partidos na Primeira Liga, perdendo a categoría ao final da campaña. Ao remate da competición de liga regresou a Ferrol, xogando co Racing os derradeiros partidos da tempada de Segunda e marcou un gol na vitoria contra o Alavés en Mendizorrotza na derradeira xornada, coa que o Racing salvou a categoría.[14]

Na tempada 1958/59 xogou co Arousa en Terceira, coincidindo con xogadores como Castellanos, Serapio ou Bello Amigo,[15] mentres que na tempada seguinte xogou algún partido co Xuvenil de Rodrigo, da mesma categoría.[16]

En xuño de 1961 xogou en Riazor un partido de homenaxe a Acuña, no que se enfrontaron un equipo de vellas glorias galegas contra outro de vellas glorias biscaíñas. Formou equipo entre outros co propio Acuña, Pedrito, Neira, Guimeráns, Chacho, Pahiño ou Tino.[17]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads