To All Trains
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
To All Trains é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado o 17 de maio de 2024 a través do selo Touch and Go.[1] Trátase do primeiro traballo de estudio do grupo nunha década e da súa derradeira gravación antes da morte de Steve Albini días antes do lanzamenro do disco. A gravación realizouse ao longo de varios anos e non foi promocionada con avances, sinxelos ou xiras.[2] A publicación coincidiu coa dispoñibilidade da música de Shellac en servizos de streaming musicais por primeira vez en anos.[3]
Remove ads
Recepción
To All Trains recibiu críticas moi positivas. Segundo o agregador de recensións Metacritic, To All Trains recibiu unha "acamación universal" baseada nunha puntuación media ponderada de 85 sobre 100 de 7 recensións de críticos.[4] Escribindo para AllMusic, o crítico Mark Deming dixo que "é practicamente imposible escoitar a música sen escoitala a través do filtro da dor, o cal é estraño, xa que é unha música que soa musculosa, vital, e moi viva" e a banda é "unha máquina de math rock esvelta e mesquiña... [con] concisión das cancións [que] fai que isto sexa unha experiencia de escoita sen alento e enérxica".[5] Lux Sparks-Pescovitz de BoingBoing recomendou este álbum a todo o mundo, incluídos aqueles non familiarizados cos anteriores traballos de Albini e comparou favorablemente este álbum co blues rock, The Raconteurs e o último álbum de estudio de David Bowie, Blackstar.[6]
Remove ads
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Steve Albini, Todd Trainer e Bob Weston..
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads