To Be Kind
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
To Be Kind é o décimo terceiro álbum da banda estadounidense de rock experimental Swans, publicado o 12 de maio de 2014 a través dos selos Young God Records e Mute Records. Lanzouse como triplo LP, dobre CD, e edición deluxe de 2 CDs e un DVD e actuacións ao vivo no Hellfest Open Air Festival, o Pitchfork Music Festival e o Primavera Sound Festival, ademais de como descarga dixital. A recepción da crítica foi moi positiva, continuando cunha serie de discos do grupo ben recibidos. O traballo chegou ao número 37 da lista estadounidense Billboard 200, e posteriormente estreouse no 38 da lista británica de álbums. Ámbalas dúas son as posicións máis altas conseguidas por Swans cun disco de estudio, e é a primeira vez que a banda entra no top 40 dos dous países.
Remove ads
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Michael Gira.
- A versión en vinilo foi impresa incorrectamente, facendo que "Oxygen" quedase colocada na cara 5 antes de "Kirsten Supine", aínda que no libreto aparece listada na orde correcta.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads