Swans
banda estadounidense de rock experimental From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.
En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores".[2] O seu último álbum ata a data, Birthing, foi editado o 30 de maio de 2025. Desde 1990, todos os discos de Swans foron publicados a través do propio selo de Gira, Young God Records.
Remove ads
Estilo e legado
A música de Swans transformouse enormemente ao longo das década, pero é normalmente escura[3] e "apocalíptica",[4] a miúdo centrándose nos temas de poder, relixión, sexo e morte, sendo asociada xeralmente ao rock experimental.[5][6] Segundo Spin, a banda demostra "inigualable capacidade de traducir a violencia absurda da condición humana en música tan embriagadora como intensa".[7]
Os seus primeiros traballos, con raíces no movemento no wave baseado na cidade de Nova York e que esvaecía no momento da súa formación en 1982,[8] son extremadamente agresivos, caracterizados por Michael Gira como "eliminando os elementos esenciais do que consideramos que é a música rock".[9] The Guardian descríbeo como "un latexo rítmico cacofónico que se inspirou no post-punk, na música industrial, no doom metal, no minimalismo de vangarda de NYC e no blues; un son que coincidíu coas preocupacións líricas a miúdo nihilistas, antinatalistas e existenciais de Gira ... entregado de maneira estentiana e mesiánica".[10] Swans contribuíu tanto á música industrial[11] como ao noise rock[12] e influenciou a aparición do grindcore e do sludge metal.[13] A finais dos 80 a música de Swans comezou a incorporar elementos máis melódicos e intricados, especialmente dende a estrea de Jarboe como compositor no Children of God de 1987.[14]
Aínda que xeralmente mantiveron moita disonancia, os seguintes traballos da banda aventurouse cara xéneros como o post-punk,[15] o rock gótico,[3] o neofolk,[16] o rock psicodélico[17] e o art rock.[4] O seu último álbum antes de separarse, o Soundtracks for the Blind de 1996, é un dobre álbum que enfatiza a atmosfera, ramificándose cara ao post-rock,[3][17] o drone e o dark ambient.[18] Dende que se reformou en 2010, continuaron asociados co post-rock[15] e a música drone,[6] ademais do noise rock.[14] Os seus tres últimos dobres álbums, cos que a banda conseguiu a aclamación xeneralizada da crítica, adoitan incluír cancións longas que desenvolven complexas paisaxes sonoras.[19]
Swans foi citada como unha influencia por unha gran variedade de músicos de rock experimental e de metal extremo, como membros de Napalm Death,[20] Godflesh,[21] Melvins,[22] Neurosis,[23] Nirvana,[24] Tool,[25] My Dying Bride,[26] Leviathan,[27] Weakling[28] e Khanate[29]
Remove ads
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
