Tombo de Toxos Outos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Tombo de Toxos Outos é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos no século XIII (a. 1289), cando Sancho Eanes era abade, relacionada coas súas posesións. Na actualidade a documentación do tombo atópase no Arquivo Histórico Nacional.[1]
Remove ads
Contido
As páxinas orixinais do tombo chegan ata o folio 192r, no revés do cal comeza unha escritura diferente. A escritura orixinal é de tipo carolinxio, mentres que a parte engadida está redactada en letra gótica cursiva pertencente á primeira metade do século XIV. Os folios orixinais salientan pola mestura dun romance (ou latino-romance) con formas latinas e viceversa: «Jtem de quarta donega a quinta polos Berbegoes e XX dineiros de renda pro frater Dominico Caualeyro». Os documentos, de ámbito eclesiástico, pódense dividir en dispositivos (instrumentos notariais) e non-dispositivos (novas ou minutas). No primeiro caso, un fedatario protocolariza e rexistro o documento, o cal adquire un valor legal e público, así como unha credibilidade social. En segundo lugar, a documentación non-dispositva carece de valor xurídico e diplomático xa que non hai un validador que lle confira autenticidade e efecto xurídico-administrativo ao feito que se dá conta.[2] Este tombo foi salientado por moitos historiadores debido ás súas miniaturas.[3]
Remove ads
Galería de imaxes
- Fernando II e Urraca de Portugal.
- Afonso VIII e Berengaria de Castela.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads