Toques
concello da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Toques.
Remove ads
Demografía

| Evolución da poboación de Toques Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 2.940 | 3.131 | 3.264 | 2.454 | 1.530 | 1.405 | 1.343 | 1.302 | 1.265 | 1.248 | ||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Xeografía
O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
Remove ads
Patrimonio
A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
A igrexa de Santo Antoniño de Toques é un templo románico do século XII.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.
Economía
A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Toques.
- Vista do conxunto.
- Forno dos Mouros, vista xeral. En primeiro termo o Camiño Real.
- Igrexa parroquial de Santa Eufemia do Monte.
Parroquias
Lugares de Toques
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
