Tordera

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Torderamap
Remove ads

Tordera é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado no extremo oriental da comarca do Maresme.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Toponimia

Tordera recibe o nome do río Tordera, o cal pasa polo municipio. Durante a Idade Media, chamaban ao río Tordaria, o que fai pensar que podía facer referencia a «terra de tordos»" (máis coñecido como merlo), ademais de ter en conta que estes paxaros eran moi abundantes polo municipio. Mesmo o escudo heráldico de Tordera, figura un merlo (en catalán 'tord').

Xeografía

Tordera comprende un termo municipal grande, cunha extensión de 84,6 km2, sendo o municipio máis grande de toda a bisbarra.

Atópase ao lado do Parque Natural do Montnegre e o Corredor. O río a Tordera pasa pola esquerda do núcleo urbano e o núcleo urbano atópase situado nun outeiro.

Dous terzos de territorio é montaña, o resto é plano. O punto máis alto do municipio é o outeiro de N 'Alomar, de 701 msnv e o cume de Hortsavinyà, de 572 msnv.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
1900193019501970198120002010
3.0483.3573.5936.4317.5469.79815.641

Economía

Todera xa non se basea unicamente na agricultura e a cortiza como antigamente, pois os recursos hidráulicos do río favoreceron a implantación do sector téxtil e o sector da construción.

Comunicacións

Lugares de interese

No centro atópase a Igrexa parroquial de Santo Estevo, de orixe románica (consérvase parte do altar) e foi reconstruída nos século XVI e XVIII. Así mesmo, hai que destacar a súa beleza de paisaxe, polos seus grandes bosques e pradarías. Como tamén se destacan todas as ermidas que dispón a vila (Arola, Santo Andrés...) e por último destacar o parque prudencia que se sitúa na illa que forma o río polo paso polo municipio.

Remove ads

Festas e feiras

  • Fira Mercat do Ram. Feira de grande importancia agrícola e gandeira que se celebra o domingo de ramos, con sinaturas nacionais e internacionais.
  • San Poncio mártir. O 11 de maio, celébrase a festividade de San Poncio mártir, onde toda a poboación se despraza ata a ermida que leva o seu nome para veneraren o santo e pasaren un día no campo.
  • Correfoc de Tordera. O 23 de agosto, organizada pola Colla de Diables de Tordera.
  • Festa Maior. Celebrada o 24 de agosto.
  • Festa de San Xoán. Celebrada o día de San Xoán, o 24 de xuño.
Remove ads

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads