Milímetro de mercurio

unidad manométrica de presión From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...

O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos). Até 1954 ambas unidades eran iguais, mais tras a redefinición ese ano do torr pola CIPM hai unha diferenza mínima entre elas:

  • 1 Torr = 0.999 999 857 533 699... mmHg
  • 1 mmHg = 1.000 000 142 466 321... Torr

Debido a que a atmosfera estándar estaba definida cuantitativamente no Sistema Internacional de Unidades —como unidade auxiliar, xa que a oficial é o pascal (Pa)—, o torr definiuse exactamente como 101325/760 Pa. Na edición do 2006 do SI, o torricelli desapareceu, aínda que o seu uso é relativamente frecuente en medidas de baixa presión, mais a unidade de presión recomendade é o pascal.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads