Torredembarra

From Wikipedia, the free encyclopedia

Torredembarramap
Remove ads

Torredembarra é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Thumb
Torre da Vila de Torredembarra.

Domina a poboación o antigo castelo ou palacio construído a comezos do século XVII polos Icard, señores da baronía de Torredembarra, que enlazaron daquela cos Queralt, condes de Santa Coloma. Os Icard adquiriran o lugar ós Olzinelles a finais do [[século XVI]. A igrexa parroquial está adicada a San Pedro. Hai resto das antigas murallas e fortificacións e da primitiva torre construída por Ramón de la Torre en 1173 entre Altafulla e Clarà, que foi o que orixinou a pobloación. Nos Munts, na veciña Altafulla, escavouse unha notable vila romana.[1]

Durante a guerra de sucesión, no verán de 1713, produciuse a batalla de Torredembarra, onde as tropas borbónicas derrotaron ós austracistas por mor da retirada dos cataláns, deixando sós ós soldados aragoneses nunha clara minoría. Tras esta batalla, os Tratados de Utrecht en 1713 darán por rematado o conflito coa vitoria castelá e de Filipe V.

Remove ads

Clima

O clima de Torredembarra é bastante caloroso no verán, húmido e morno no inverno (a temperatura media do mes máis frío, xaneiro, é de arredor de 10 °C.[2]) É un clima propio do litoral Mediterráneo. As precipitacións repártense pola primavera, finais do verán e no outono. Cando son de carácter torrencial son breves e intensas, con asulagamentos nas zonas achegadas á praia, onde se atopa o humedal coñecido como "Els Muntanyans". A neve en inverno é infrecuente, se ben algúns anos fai acto de presenza de xeito puntual e derrete axiña.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads