Torres de Quart
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As Torres de Quart ou Porta de Quart é un portal que formaba parte da muralla medieval que envolvía a Ciutat Vella de Valencia, para defendela. Están situades na encrucillada da rúa de Guillem de Castro coa rúa de Quart.

A Porta de Quart debe o seu nome ao feito de que se atopa no camiño que dende o centro da cidade, onde está a Catedral de Valencia, cara a Quart de Poblet. Esta porta era o acceso poñente á cidade, o que proviña do oeste e Castela. Despois de ser derrubada a muralla durante a segunda metade do século XIX, portal de Quart queda exento, e pasa a ser coñecido coma as torres de Quart, que é o nome máis empregado hoxe en día para designala.
Remove ads
Historia
A Porta de Quart foi construída entre 1441 e 1460 polo arquitecto Pere Bonfill, xunto con Tomàs Oller, Francesc Baldomar, Jaume Pérez e Pere Comte. Esta porta, aberta cara ao oeste, formaba parte da muralla do século XIV de Valencia, xunto coas Torres de Serrans, abertas cara ao norte, e moitas outras portas que, a diferenza das dúas mencionadas en primeiro lugar, foron derruídas durante a segunda metade do século XIX, co obxectivo de evitar o encorsetamento da cidade e facilitarlle o crecemento.
A partir do 1626 e até o século XVIII aloxouse no seu interior a cadea de donas. Até o 1874, momento en que a muralla foi derrubada, recibiran tamén o nome de porta de la Calç (da Cal) porque a cal coa que se embranquecían as casas de Valencia entraba por este acceso.
A porta serviu para defender a cidade en diversos episodios bélicos, como a Guerra de Sucesión, a Guerra da Independencia e as revolucións cantonais. Sobre os seus grosos muros aínda se poden observar as pegadas dos impactos provocados polos canóns durante as diversas guerras e revolucións.
No 1931 foron declaradas Conxunto Histórico-Artístico e son mencionadas na lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico español. Durante o 2007 fixéronse traballos de restauración, despois de décadas nas que se ennegreceran a causa do incesante tránsito que circula pola rúa de Guillem de Castro.
Remove ads
Arquitectura
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads